Saltar ao contido

Portaenxertos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enxerto nunha maceira. A parte inferior ou base é o portaenxertos.

Portaenxertos ou padrón[1] é o nome dado á planta cuxa parte de baixo (raíz e base do talo) é aproveitada nun enxerto. A parte de arriba é o enxerto propiamente dito.

O enxerto é unha forma de creación de mudas de plantas, bastante utilizada nalgunhas especies, principalmente de froiteiras e plantas ornamentais. Neste procedemento, o gomo dunha planta, normalmente extraído da punta dunha póla, é implantado na base da muda dunha segunda planta, normalmente doutra especie de igual xénero ou familia.

O enxerto pode ser utilizado para xerar mudas de plantas de difícil reprodución ou para aproveitar características das dúas especies, como un enxerto que xere bos froitos enxertado nun padrón vizoso.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para portaenxertos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]