Ácido cítrico
Aparencia
(Redirección desde «Citrato»)
O ácido cítrico é un ácido orgánico tricarboxílico presente na maioría das froitas, sobre todo en cítricos como o limón e a laranxa. A súa fórmula química é C6H8O7
É bo conservante e antioxidante natural que se engade industrialmente no envasado de moitos alimentos como as conservas vexetais enlatadas. No 2019 tense probado a súa efectividade como anticorrosivo protector do aceiro no espazo en substitución do ácido nítrico.[1]
En bioquímica aparece como unha molécula intermediaria no ciclo do ácido tricarboxílico, proceso realizado pola maioría dos seres vivos.
O nome (normas IUPAC) é ácido 2-Hidroxi-1,2,3-propanotricarboxílico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ esa. "Can citric acid be a green alternative to protecting steel?". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-09-29.