Cibrán (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Cibrán.

Cibrán ou Cibrao é un nome propio masculino de orixe latina na súa variante en galego. O seu significado é "natural de Chipre, habitante de Chipre".

Santoral[editar | editar a fonte]

16 de setembro: San Cibrán, crego e escritor romano, bispo de Cartago (249-58) e santo mártir da Igrexa.

Estatísticas en Galicia[editar | editar a fonte]

San Cibrán é un santo moi venerado en Galicia e patrón de numerosas parroquias polo que debeu ser un nome común na antigüidade (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrán).

Nos últimos anos 114 varóns (cunha media de idade de 15) levan de novo a variante Cibrán en Galicia. A variante dialectal Cibrao, propia dos bloques central e oriental da lingua galega, segue en desuso[1].

Variantes[editar | editar a fonte]

  • Masculino: Cibrao, Cibrán, Cibrá, Ciprián.
  • Feminino: Cibrá, Cipriana.

Noutras linguas[editar | editar a fonte]

Español Cipriano
Alemán Cyprian
Asturiano Cibrián
Catalán Cebrià
Checo Cyprianus
Corso Ciprianu
Croata Ciprijan
Dinamarqués Cyprianus
Esperanto Cipriano
Éuscaro Kipiren
Finlandés Cyprianus
Francés Cyprien
Galego Cibrán, Cibrao
Xeorxiano კვიპრიანე (Kvipriani)
Grego Κυπριανός (Kyprianos)
Holandés Cyprianus, Cypriaan
Húngaro Ciprián
Inglés Cyprian
Islandés Kýpríanus
Italiano Cipriano
Latín Cyprianus
Lituano Kiprijonas
Noruegués Cyprianus
Polaco Cyprian
Portugués Cipriano
Ruso Киприан (Kiprian)
Sardo Cipriànu
Serbio Кипријан (Kiprijan)
Sueco Cyprianus
Ucraíno Кипріян (Kiprijan)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3. 
  • Tibón, Gutierre (1994). Diccionario etimológico comparado de nombres propios de persona. Fondo de Cultura Económica, México. ISBN 968-16-2284-7. 
  • Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.