Christophe Plantin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Christophe Plantin
Chrisophe Plantin (Rubens).jpg
Retrat pintado por Peter Paul Rubens
Nome completoChristophe Plantin
Nacementoca. 1520
 Saint-Avertin, Turena, Reino de Francia
Falecemento1 de xullo de 1589 (69 anos)
 Antuerpen, Marquesado de Antuerpen, Imperio Español
NacionalidadePaíses Baixos do Sur, Francia e Países Baixos españois
OcupaciónEditor e impresor
editar datos en Wikidata ]

Christophe Plantin, tamén coñecido como Christoffel Plantijn en neerlandés, Cristóbal Plantino en español e Christophorus Plantinus en latín, nado en Saint-Avertin, ca. 1520 e finado en Antuerpen o 1 de xullo de 1589, foi o principal impresor e editor europeo da segunda metade do século XVI, e iniciador do Officina Plantiniana ou Compás de Ouro, empresa familiar que se mantivo até o século XIX.

Xenial empresario, Plantin foi produto da situación política coa que sempre se mantivo escéptico. En todo momento, soubo adaptarse ás circunstancias, ó mesmo tempo padecendo as consecuencias e aproveitandose delas. Dende o punto de vista técnico e estético foi o máximo expoñente do renacemento flamengo na Arte da imprenta, cumio das correntes alemá e francesa en tipografía, no gravado ilustrativo e no acabado artístico do libro.[1][2]

Plantin, dende as súas orixes humildes, expandiu o seu negocio por Europa: instalou unha filial en París en 1567; Franciscus Raphelengius, o seu xenro, continúa a imprenta que Plantin instalou en 1583 en Leiden; mantén un axente en España; e posteriormente crea unha filial en Salamanca. Tamén mantén intensas relacións comerciais con libreiros de Holanda, Flandres, Brabante, Inglaterra, Escocia, Francia, Alemaña, Suíza, Italia, Portugal e España.[3]

Home do seu tempo, e relacionado con numerosos intelectuais e eruditos, Plantin escribiu uns cantos poemas en francés de gran calidade, entre os cales destaca o soneto Le Bonheur de ce Monde; e prologa algunhas das súas edicións con dedicatorias a personaxes eminentes, poemas en latín cun estilo correcto pero demasiado formal.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bécares Botas 1999: p. 33.
  2. No período de 1555 a 1589 o Compás de Ouro publicou máis de 1 500 títulos (Ziegert 1888).
  3. Sabbe 1926: pp. 62-63.
  4. Voet 1969-72: p. 134.
  5. Sabbe 1921

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]