Christa Wolf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christa Wolf
Oliver Mark - Christa Wolf, Berlin 2010.jpg
Nome completoChrista Ihlenfeld
Nacemento18 de marzo de 1929
Lugar de nacementoGorzów Wielkopolski
Falecemento1 de decembro de 2011
Lugar de falecementoBerlín
SoterradaDorotheenstädtischer Friedhof
NacionalidadeAlemaña e República Democrática Alemá
Alma máterUniversidade de Jena e Universidade de Leipzig
Ocupaciónescritora, guionista, política, unofficial collaborator, novelista, ensaísta, xornalista, crítico literario, escritora de ciencia ficción, crítico e autora
CónxuxeGerhard Wolf
FillosAnnette Simon
Coñecida porThey divided the sky, A Busca por Christa T., Patterns of Childhood e Cassandra (romance)
PremiosPrêmio Georg Büchner, Geschwister-Scholl-Preis, National Prize of East Germany, Schiller Memorial Prize, Heinrich Mann Prize, Samuel-Bogumil-Linde prize, Prêmio Nelly Sachs, doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, Franz Nabl Prize, Elisabeth Langgässer Literature Award, Austrian State Prize for European Literature, Literaturpreis der Stadt Bremen, Thomas Mann Prize e honorary doctorate of the Vrije Universiteit Brussel
Na rede
IMDB: nm0937696 Allocine: 236773 Allmovie: p479268
Musicbrainz: 116615dc-7dbc-4e9a-b3e1-563c7b0e58f8 Discogs: 1190599 Find a Grave: 81286348 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Christa Wolf, nada en Landsberg an der Warthe (daquela en Alemaña, hoxe Polonia) o 18 de marzo de 1929 e finada en Berlín o 1 de decembro de 2011[1], foi unha novelista, ensaísta e guionista cinematográfica alemá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu co nome de Christa Ihlenfeld, e foi criada dentro da clase media. Despois da derrota de Alemaña en 1945, mudou cos seus familiares á comunista Alemaña do Leste. Militou no Partido Socialista da RDA. Durante a guerra fría, aínda que se opuxo ao goberno da RDA, mantívose fiel ao marxismo. Opúxose á reunificación alemá. A súa obra reflicte as experiencias que tivo durante a segunda guerra mundial e a súa vida en plena posguerra. Entre as súas novelas pódense mencionar Der Geteilte Himmel (1963), Nachdenken über Christa T. (1968), severamente criticada na Alemaña Oriental; Kindheitsmuster (1976); Kassandra (1983),[2] o seu libro máis lido, que vincula o poder nuclear e o patriarcal; Was bleibt (1990), que trata sobre a vixilancia do goberno e os seus propios nexos coa policía secreta, e Medea, novela que reelabora o mito tráxico grego.

Foi nomeada Doctora Honoris Causa pola Universidad Complutense de Madrid.

Finou o 1 de decembro de 2011 aos 82 anos de idade en Berlín (Alemaña), cidade na que viviu co seu marido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Muere a los 82 años la escritora alemana Christa Wolf
  2. Fausto Cercignani, Existenz und Heldentum bei Christa Wolf. "Der geteilte Himmel" und "Kassandra", Würzburg, Königshausen & Neumann, 1988.