China Machado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChina Machado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1929 Editar o valor em Wikidata
Shanghai, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 2016 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Stony Brook, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfashion editor (en) Traducir , modelo Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0532430 Find a Grave: 174218077 Editar o valor em Wikidata

Noelie Dasouza Machado, nada o 25 de decembro de 1929 en Shanghai e finada o 18 de decembro de 2016, foi unha modelo, editora e produtora de televisión, máis coñecida como China Machado. Foi a primeira muller de orixe non caucásica en aparecer na portada da revista norteamericana de moda Harper’s Bazaar, na edición de febreiro de 1959. [1]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Machado naceu o 25 de decembro de 1929 en Shanghai, China. China Machado leva nas súas veas sangue portugués (seu pai era un banqueiro portugués residente en Macau) e de Goa (a súa avoa materna era deste lugar da India). Seus pais coñecéronse en Hong Kong.[2]  Tras o estalido da primeira guerra mundial, a familia trasladouse a diversos países, tales como a Arxentina, o Perú e España. Á idade de 19 anos, coñeceu o toureiro español Luis Miguel Dominguín, sendo parella deste por arredor de dous anos. Máis tarde trasládanse a Roma onde ela tivo pequenos papeis en películas.  

Carreira[editar | editar a fonte]

Cando a relación rematou, China Machado marchou cara París, e atopa traballo modelando para Hubert de Givenchy. De acordo coas súas declaracións, nun principio foi requirida para modelar para Balenciaga, pero este atopábase fóra da cidade, polo que a mandaron para Givenchy. "Pensaban que eu era abundante para ser unha nena enferma, polo que me colleron, vestíronme, e soltáronme na habitación na que estaban ensinando a colección. Eu sabía moi pouco sobre como camiñar como unha modelo, así que me limitei a copiar á rapaza en fronte miña. Ó acabar o show, o marabilloso Givenchy acercouse a min e dixo "Gustaríache estar na cabina?" Así chamaban ó grupo de modelos que traballaban para a casa. E esta é a forma na que todo comezou." É neste preciso momento cando cambia o seu nome de Noelie a China. Máis tarde, traballa para Christian Dior e Balenciaga. Traballou con Givenchy tres anos e durante este tempo converteuse na modelo de pasarela mellor pagada en Europa, gañando 1 000$ ó día. [3]

En 1957, casa co actor Martin LaSalle, divorciándose no 1965. A parella estaba moi á miúdo en Nova York, onde Machado coñecería a Diana Vreeland e a través desta a Richard Avedon, con quen desenvolvería unha amizade moi forte e ó que denomina como un gran mentor na súa vida. Avedon afirmou varias veces que seguramente ela fose a muller máis fermosa do mundo. As súas fotografías nas que aparecía posando China, foron usadas na edición de febreiro de 1959 do Harper's Bazaar: "Corría o ano 1958, e os publicistas dicían "Non podemos poñer a esta rapaza na revista. Todas as persoas no sur do país eliminarán as súas subscricións e ninguén quererá publicitarse connosco!" pero finalmente foron publicadas en 1959, porque —e entereime disto 20 anos despois— Dick ameazou con romper o seu contrato se non as usaban!" O éxito de Machado como modelo abriu a porta a xeracións posteriores de modelos de cor, dende Iman, pasando por Naomi Campbell ou Jourdan Dunn ata Sessilee Lopez.

Carol Squiers, comisaria do New York’s International Center of Photography, describe así a fotografía feita por Avedon a China : “Ten ese punto de pulcritude, de muller cunha actitude temeraria que está sempre arreglada e correcta, pero tamén ten esta lixeira actitude...como de: Non che gusta?"

Traballou para Avedon en exclusiva por tres anos antes de conseguir un traballo como editora xefe na revista Harper's Bazaar, onde, de vez en cando, se converte en directora de moda e se implica na publicidade

No ano 1989 foi incluída na lista dos Mellores Vestidos, fundada en 1940 por Eleanor Lambert. 

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou co actor francés Martin LaSalle, e tiveron dúas fillas: Blanche e Emmanuelle. Tamén é coñecido que mantivo unha relación dun ano con William Holden. Machado vivía nos seus últimos anos de vida en Long Island, Nova York, co seu marido, Riccardo Rosa.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Foley (marzo de 2010)
  2. Yuan (14 de agosto de 2011)
  3. Yuan (14 August 2011)
  4. Foley (March 2010)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]