Balenciaga é unha firma de moda de luxo, fundada polo estilista vascoCristóbal Balenciaga, hoxe en día pertencente á multinacional francesa Kering.
Ten a súa orixe en 1919, cando Cristóbal Balenciaga abriu a súa primeira casa de costura en Donostia. Co estalido da Guerra civil española mudouse para París en 1937, estabelecendo alí a súa residencia. Balenciaga converteuse nun dos mais activos deseñadores de moda do século XX, sendo o responsable de deseñar pezas de roupa que se tornarán en bases da moda contemporánea, coma o vestido baby doll, o vestido túnica e o vestido saco. O seu estilo, de liñas depuradas, novas formas e enfocado nos materiais, así como o virtuosismo das técnicas de costura fixeran del un dos mais recoñecidos e influentes costureiros, admirado tanto polos clientes coma polos seus compañeiros de profesión.