Iman (modelo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iman
Iman 2010.jpg
Nome completoIman Mohamed Abdulmajid, Iimaan Maxamed Cabdulmajiid e Zara Maxamed Cabdulmajiid
Nacemento25 de xullo de 1955
Lugar de nacementoMogadixo
NacionalidadeEstados Unidos de América e Somalia
EtniaPobo somalí
RelixiónIslam
Alma máterUniversity of Nairobi
Ocupaciónactriz, modelo, emprendedora, autobiógrafa, actriz de cinema e actriz de televisión
CónxuxeDavid Bowie e Spencer Haywood
FillosAlexandria Zahra Jones
PremiosOkayAfrica 100 Women
Na rede
https://destinationiman.com
IMDB: nm0408081 Allocine: 35429 Allmovie: p34377 TCM: 91939 TV.com: people/iman
Facebook: iman Twitter: The_Real_IMAN Instagram: the_real_iman MySpace: iamiman Musicbrainz: 1fc78551-2ddf-47c2-af90-91fcc48ec3a8 WikiTree: Abdulmijad-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Iman.

Iman Mohamed Abdulmajid (en somalí: Iimaan Maxamed Cabdulmajiid,en árabe: إيمان محمد عبد ماجد), nada en Mogadixo o 25 de xullo de 1955 é unha modelo somalí, célebre durante os anos 1970 e 80 por ser unha das primeiras supermodelos africanas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Mogadiscio, Somalia, Iman é filla de Marian e Mohamed Abdulmajid, un ex-embaixador somalí en Arabia Saudita. É musulmá e ten tres irmáns: Elyas, Feisal e Nadia. Iman estudou o ensino secundario en Exipto e logo viviu en Kenya, onde estudou ciencias políticas na Universidade de Nairobi e domina cinco linguas (árabe, inglés, francés, italiano e somalí).[2]

Carreira[editar | editar a fonte]

En 1975, Iman foi descuberta como modelo polo fotógrafo estadounidense Peter Beard e foi levada aos Estados Unidos. O seu primeiro traballo na modelaxe foi para a revista Vogue ó ano seguinte.

deseñador de modas Yves Saint Laurent dixo dela: «A miña muller soñada é Iman... Perfección. O seu rostro. O seu corpo».[3] Ela foi a modelo principal para a súa colección de alta costura inspirada nas raíñas africanas, o que recorda como o momento máis memorable da súa carreira.[3]

Como actriz ocasional, Iman interpretou unha alieníxena que pode cambiar de forma chamada Martia na película de 1991, Star Trek VI: The Undiscovered Country, e participou no filme gañador do Óscar, Memorias de África, xunto a Robert Redford e Meryl Streep. Tamén fixo unha aparición especial no vídeo musical "Remember the Time" de Michael Jackson en 1992.

Iman foi invitada nun episodio do reality show Project Runway, onde luciu un vestido do participante Daniel Vosovic nunha sesión fotográfica publicitaria. Na quinta tempada de America's Next Top Model, participou como mentora e ensinoulles ás concursantes algúns datos de beleza con produtos caseiros. Dende decembro de 2007 ata abril de 2009 foi a presentadora da versión canadense de Project Runway.

En maio de 2007, Iman lanzou a súa colección de accesorios IMAN Global Chic na canle de televisión Home Shopping Network. Ademais é a directora executiva de IMAN Cosmetics, Skincare & Fragrances, unha liña de produtos de beleza para a muller negra.

Está contratada pola axencia de modelos 1/One Management en Nova York, e por Independent Models en Londres. Ademais é a portavoz do programa Keep a Child Alive, o cal prové de medicamentos aos nenos e ás familias que sofren da sida en África e o resto dos países en desenvolvemento.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1977, Iman casou co xogador de baloncesto Spencer Haywood. A súa filla, Zulekha Haywood, naceu ó ano seguinte. A parella divorciouse en febreiro de 1987.

24 de abril de 1992, casou co recoñecido músico británico David Bowie. Tiveron unha filla, Alexandria Zahra «Lexi» Jones, nada o 15 de agosto de 2000. Iman é ademais a madrasta do fillo que Bowie tivo no seu matrimonio anterior, o director de cinema Duncan Jones. Ambos os dous levan o apelido legal de Bowie. Iman e a súa familia residen principalmente en Manhattan e Londres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ¡Hola!. "Biografía de Iman" (en español). Consultado o 14 de marzo de 2009. Fue la primera top model negra de la historia 
  2. Oxford University Press. "The world of work" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2009. Consultado o 14 de marzo de 2009. 
  3. 3,0 3,1 IQONS.com (30 de novembro de 2007). "IQONS Interview" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2009. Consultado o 14 de marzo de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Beard, H. Peter e Iman.: I am Iman, Estados Unidos, Universe Publishing, 2001

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]