Chandrexa, Parada de Sil
Chandrexa | |
---|---|
Concello | Parada de Sil[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°22′37″N 7°32′50″O / 42.37702778, -7.54719444 |
Poboación | 73 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Chandrexa é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 73 habitantes (42 homes e 31 mulleres).
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia de Chandrexa sitúase no extremo oeste do concello de Parada de Sil e fai fronteira norte da provincia de Ourense. En todo o seu bordo setentrional dá ao río Sil, que a separa da provincia de Lugo e das terras de Sober. As súas terras están situadas en zonas de moita pendente, de entre os 700 m na parte sur da parroquia ata os 200 m na norte, xusto cando chega ao nivel do río. Con todo, os principais núcleos habitados atópanse entre os 450 e os 500 metros sobre o nivel do mar.
Demografía
[editar | editar a fonte]Gráfica de evolución demográfica de Chandrexa entre 2000 e 2023 |
Datos segundo o nomenclátor publicado polo INE. |
Economía
[editar | editar a fonte]Malia o agudo descenso de poboación que a parroquia sufriu durante a segunda metade do século XX, nos últimos trinta anos pasou a se converter nun dos máis coñecidos polos de atracción turística da Ribeira Sacra ourensá. Ademais, conserva a súa tradicional produción de castañas e tamén a produción de viño.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Chandrexa
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Chandrexa no concello de Parada de Sil (Ourense) | |
---|---|
A Casalta | Espiñas | Os Fiós | A Pena | Purdeus | Rabacallos | O Valado |