Simone Biles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Simone Biles
Información persoal
Nacionalidadeestadounidense
Nacemento14 de marzo de 1997 (26 anos)
Columbus, Ohio, Estados Unidos de América Estados Unidos
ResidenciaSpring, Texas
Altura142 cm
Cónxuxe(s)Jonathan Owens
WebPáxina oficial
Deporte
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
DeporteXimnasia artística feminina
AdestradorAimee Boorman
Na rede
Páxina oficial
IMDB: nm6721217 Facebook: simonebiles Twitter: Simone_Biles Instagram: simonebiles Olympic.org: simone-biles WikiTree: Biles-261 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Simone Arianne Biles, nada en Columbus (Ohio) o 14 de marzo de 1997,[1] é unha ximnasta artística estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Biles foi medallista de ouro nos Xogos Olímpicos de 2016 nas probas individuais xeral, de salto e chan. Tamén formou parte do equipo gañador do ouro nos xogos de Río de Xaneiro. Tamén gañou unha medalla de bronce na barra de equilibrios durante os Xogos. Biles é tres veces campioa do mundo en ximnasia xeral (2013–15), tres veces campioa na proba de chan (2013–15), dúas veces campioa do mundo na barra de equilibrios (2014, 2015), catro veces campioa dos Estados Unidos na proba xeral de ximnasia (2013–16).

Cun total de dezanove medallas entre os Xogos Olímpicos e os Campionatos Mundiais, converteuse ximnasta estadounidense máis condecorada, superando a Shannon Miller, quen mantiña o récord dende 1996. Coa súa vitoria en Río, Biles converteuse na sexta muller en conseguir a vitoria na proba xeral de ximnasia tanto nos Mundiais coma nos Xogos. Foron campioas antes ca ela Larisa Latynina, Věra Čáslavská, Ludmilla Tourischeva, Elena Shushunova e Lilia Podkopayeva.

Simone Biles non tivo unha vida sinxela. Non coñece o seu pai e non ten ningunha relación coa nai. Foi adoptada polo seu avó materno cando a súa nai caeu nas drogas e o alcol e non puido coidar de Simone.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "GymDivas.Us | Online Resource for Gymnasts in the United States". Web.archive.org. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2014. Consultado o 7 de xullo de 2016. 
  2. "El infierno de la mejor gimnasta del mundo: Simone Biles, familia rota y abusos sexuales". El Español (en castelán). 2019-08-19. Consultado o 2021-06-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]