Cătălina Ponor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cătălina Ponor
Nacemento20 de agosto de 1987
Lugar de nacementoConstancia
NacionalidadeRomanía
Ocupaciónximnasta artística
Na rede
Olympic.org: catalina-ponor Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Cătălina Ponor.

Cătălina Ponor, nada en Constanza o 20 de agosto de 1987 é unha ximnasta romanesa.

Entre os seus principais logros están as medallas de ouro olímpicas e europeas. Nos mundiais conseguiu tres pratas e dous bronces en tres edicións[1] Ponor abandonou temporalmente a súa carreira ximnástica en 2007, tras decidir non disputar os Xogos Olímpicos de Pequín 2008. En 2011 volveu adestrar co equipo romanés na cidade de Izvorani co obxectivo de disputar os Xogos Olímpicos de Londres 2012.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cătălina Ponor naceu na cidade de Contanza (Romanía) o 20 de agosto de 1987, deixando a súa cidade para adestrar ximnasia.[3] En 2005, saíu ao público a súa vida persoal. A comezos dese ano, a xove, que daquela contaba con 17 anos, descubriu un irmán que súa nai nunca mencionara: seus pais divorciaranse cando os fillos eran moi novos e seu pai mudárase a Suecia co rapaz. Este feito cambiaría a carreira de Cătălina.[4]

Carreira[editar | editar a fonte]

Cătălina iniciou a súa carreira aos catro anos, en 1991. Aos catorce ingresou no equipo júnior e aos quince xa formaba parte da elite sénior da ximnasia romanesa.[3][5]

Os aparellos nos que acadou mellores resultados son o solo e a barra de equilibrios.

ROM Júnior[editar | editar a fonte]

Ponor iniciou a súa carreira adestrando no ximnasio Farul Sport Club, cos técnicos Matei Stanie e Gabriela Dosoftei. En 2002, foi descuberta polos adestradores do equipo nacional romanés Octavian Belu e Mariana Bitang, e convidada a integrar o equipo júnior nacional. Cătălina mudouse á cidade sede do ximnasio de Deva. A súa estadía na categoría foi escasamente dun ano, o que imposibilitou a súa presenza en campionatos, dibido ao tempo de preparación.[3]

ROM Senior[editar | editar a fonte]

En 2003, Cătălina iniciou o seu adestramento na elite sénior romanesa e de seguido chegaron os seus primeiros campionatos.[5] No primeiro, na Copa do Mundo de Stuttgart en 2003, Cătălina conseguiu dúas medallas: o ouro na barra de equilibrios cunha puntuación final de 9,587, e o bronce no solo coma puntuación de 9,237.[6]

No ano seguinte, na primeira etapa da Copa do Mundo,[7] celebrada na cidade de Ghent, Ponor conquistou outras dúas medallas (dous ouros). O primeiro, no solo cunha puntuación de 9,350 e o segundo, na barra de equilibrios cun total de 9,662. No 2004 na mesma competición celegrada en Glasgow, a ximnasta conquistou máis medallas.[8] Novamente no solo e na barra de equilibrios, conseguiu puntuacións aínda maiores que as conseguidas noutras competicións anteriores (9,650 e 9,700, respectivamente). Na terceira etapa da Copa celebrada en Lión, Cătălina baixou a media na execución e subiu ao podio tan só na segunda posición nos dous aparellos. Xa na cuarta etapa, en Cottbus, a xove volveu ás primeiras posicións e ás medallas de ouro, tanto na barra de equilibrios como no solo. Na final da Copa do Mundo, realizada en Birmingham, Ponor mantivo o seu posto de número un da barra de equilibrios.

En 2004, aos dezasete anos, a romanesa conseguiu o seu mellor estado de forma. No Campionato Europeo celebrado en Ámsterdam, Cătălina gañou tres medallas, todas de ouro.[3][9] A primeira na disputa por equipos, onde as romanesas se impuxeron ás rusas (que finalmente se fixeron coa prata). Na categoría individual, Ponor conseguiu novas medallas de ouro con notas aínda máis altas, mostrando os trocos nas súas rutinas, que as deixaban con notas de execución aínda maiores, tanto en solo como na barra de equilibrios.[10][11]

En agosto de 2005, Ponor viuse envolta no seu segundo problema do ano, sendo descuberta polo adestrador, xunto coas súas compañeiras de equipo Florica Leonida e Alexandra Eremia, non respectando a concentración mantida durante as competicións. As tres regresaban dunha noite de troula e foron severamente sancionadas. As dúas actitudes repercutiron máis do previsto e o equipo nacional disolveuse, volvendo cada atleta a adestrar co seu adestrador de base.[12] A pesar dos incidentes, Cătălina mantivo as súas boas aparicións na barra de equilibrios durante máis dunha edición do Campionato Europeo, sendo o máis disputado entre os campionatos continentais. O resultado para Ponor foi dunha medalla de ouro. En 2006, logo da contratación de Nicolae Forminte por parte do equipo nacional, Ponor decidiu non volver ao equipo para adestrar con el, preferindo permanecer co seu primeiro técnico. Logo de participar na edición daquel ano do Campionato de Europa, Cătălina anunciou a súa retirada alegando problemas físicos. En 2007, coa intención de participar nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, a ximnasta, agora con vinte anos, volveu adestrar[13] e participou no Campionato Mundial de Stuttgart (Alemaña). En decembro do mesmo ano, sen moitas xustificacións, Cătălina Ponor finalizou definitivamente a súa carreira[14] alegando problemas físicos.

Deste xeito, abandonou a ximnasia artística como tricampioa europea de barra de equilibrios, tricampioa olímpica nunha edición, trimedallista en mundiais nunha única edición e tetra campioa da Copa do Mundo na barra de equilibrios.

Campionatos do Mundo de Ximnasia Artística[editar | editar a fonte]

Ponor participou en tres edicións da competición: Anaheim - 2003, Melbourne e Stuttgart - e en todas obtivo medallas.

Anaheim 2003[editar | editar a fonte]

Na súa primeira competición de nivel mundial, Ponor obtivo tres medallas. Subiu ao podio tres veces na segunda posición.[6]

A primeira vez por equipos, ao disputar o campionato ao lado de Oana Ban, Alexandra Eremia, Florica Leonida, Aura Andreea Munteanu e Monica Roşu. O equipo estadounidense, anfitrión, foi o único que puido superar ás romanesas. As australianas completaron o podio.[11] No día da competición por aparellos, Cătălina subiuse novamente ao podio. Na barra de equilibrios, foi superada pola chinesa Fan Ye, por 0,3 décimas. E no solo, a ximnasta ficou detrás da brasileira Daiane dos Santos.[3][5]

Melbourne 2005[editar | editar a fonte]

A súa segunda participación nun Mundial, en Melbourne 2005 (Australia), doulle a Ponor unha medalla de bronce na barra de equilibrios por detrás das estadounidenses Nastia Liukin - que se estreaba nun Mundial - e Chellsie Memmel, campioa do individual xeral da edición. Logo dos incidentes da súa vida persoal, Ponor mudou e adoptou unha postura agresiva, o que sorprendeu aos seus admiradores e compañeiras de porte na época, ao finalizar en pobres posicións.[12][15]

Stuttgart 2007[editar | editar a fonte]

Ao volver ao ximnasio, este foi o único campionato no que participou. No ximnástica, este fora o único campionato de que participou. En Stuttgart 2007 (Alemaña), Cătălina colaborou na conquista da medalla de bronce do equipo romanés. Ao lado de Sandra Izbasa, Steliana Nistor, Cerasela Patrascu, Daniela Druncea e Andreea Grigore, o equipo foi tan só superada polas estadounidenses e as chinesas, ouro e prata respectivamente.[16]

Tokyo 2011[editar | editar a fonte]

Logo de ter anunciado a súa retirada, a ximnasta volveu competir no Mundial de Tokyo (Xapón). Ponor axudou ao equipo romanés a clasificarse na cuarta posición para a final por equipos, logo de obter un total de 44,132 nos tres aparellos nos que competiu (coa excepción das barras asimétricas). Na final por equipos, colaborou co equipo romanés a acadar a 4ª posición. Clasificada para a final da barra de equilibrios, a ximnasta puntuou un 14,241, suficiente para a sétima posición.[17]

Deste xeito, Cătălina finalizou a súa participación nos Mundiais con cinco medallas - tres de prata e dúas de bronce.

Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

Atenas 2004[editar | editar a fonte]

Na súa primeira e participación olímpica, Ponor demostrou que tería un gran futuro na xinasia ao acadar - aos dezasete anos - o feito da súa compatriota Nadia Comaneci: gañar tres medallas de ouro nunha edición dos Xogos.[18][19]

A primeira chegou ao carón das compatriotas Oana Ban, Monica Rosu, Silvia Stroescu, Daniela Sofrinie e Alexandra Eremia na competición por equipos. Posteriormente, o día da competición por aparellos, Ponor deixou á favorita, Carly Patterson, coa medalla de prata na barra de equilibrios. A súa compatriota Eremia completou o podio.

Finalmente, no solo, con 9,750, Cătălina conquistou - coa maior marxe ata aquela acadada nos Xogos Olímpicos (0,188) - a súa terceira medalla de ouro na competición,[20] feito inédito dende 1988, cando a tamén romanesa Daniela Silivas conquistou tres medallas de ouro nunha única edición olímpica.[21][22]

Londres 2012[editar | editar a fonte]

Ponor co equipo olímpico romanés en 2012.

A finais de xullo, Ponor competiu nos Xogos Olímpicos de 2012 celebrados en Londres (Reino Unido). Axudou ao equipo romanés a clasificarse para a final por equipos[23] e na competición individual clasificouse para a final de barra de equilibrios cunha nota de 15.033 e para a de solo cunha nota de 14.600.[24] Na final por equipos, contribuíu con puntuacións de 15.100 en salto, 15.416 na barra de equilibrios, e 14.800 en solo para rematar terceiras.[25] Conseguiu a máxima puntuación na barra de equilibrios durante a competición por equipos. Na final individual, Ponor rematou na cuarta posición cunha puntuación de 15.066[26] e segunda no solo cunha puntuación de 15.200.[27] Na barra de equilibrios, conseguiu a mesma puntuación que a estadounidense Aly Raisman, mais logo dos procedementos de desempate, Raisman foi premiada coa medalla de bronce.

Resultados[editar | editar a fonte]

Ano Competición AA Equipo Salto. Barra de equilibrios. Barras asimétricas. Solo.
2003 Copa do Mundo – Stuttgart
Campionato do Mundo
2004 Copa do Mundo – Ghent
Copa do Mundo – Glasgow
Copa do Mundo – Lión
Copa do Mundo – Cottbus
Campionato de Europa
Xogos Olímpicos
2005 Campionato Europeo
Campionato do Mundo
2006 Campionato de Europa
2007 Campionato do Mundo
2011 Campionato do Mundo
2012 Campionato de Europa
Xogos Olímpicos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Catalina Ponor Biography". PerfectPeople (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2012. Consultado o 08 de agosto de 2012. 
  2. "Catalina se simte ca la 16 ani". Pro Sport. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Oh, Bella Catalina!". Kostiskal (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2012. Consultado o 08 de agosto de 2012. 
  4. "Catalina Ponor". Famouswhy (en inglés). 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Catalina Ponor Profile". FIG site (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. 
  6. 6,0 6,1 "Catalina Ponor". GymBox (en inglés). 
  7. "Catalina Ponor - Biography". NetGimse (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2013. Consultado o 08 de agosto de 2012. 
  8. "Daniele Hypólito ganha a prata em Copa do Mundo". esportes.terra.com.br (en portugués). Consultado o 2020-02-02. 
  9. "Nova entrvista com Catalina Ponor". SuperTrafego. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2015. Consultado o 08 de agosto de 2012. 
  10. "Catalina Ponor Profile". Romanian Gymnastics (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2012. Consultado o 08 de agosto de 2012. 
  11. 11,0 11,1 "Catalina Ponor". Beijing site (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. 
  12. 12,0 12,1 Garavello, Murilo. "Acima do peso, loira e rebelde, Ponor diz que "é a melhor" na trave". UOL Esporte. 
  13. Costa, Guilherma. "Favoritos por equipes na ginástica". Pluc.com. [Ligazón morta]
  14. "Catalina Ponor abandona a ginástica". GloboEsporte. 
  15. "38. Campionato Mundial de Ginástica Artística - Melbourne 2005". BestSports. 
  16. "Perfil - Catalina PONOR". BestSports. 
  17. "De volta, Catalina Ponor é o destaque do dia na trave pelo mundial". Sportv. 
  18. "Beijing - Results from Athens". ABC News (en inglés). 
  19. "Athens 2004". Beijing2008 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 08 de agosto de 2012. 
  20. "Catalina Ponor leva o ouro no solo; Daiane termina em quinto". Universia.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2020. 
  21. "Catalina Ponor". COI (en inglés). 
  22. "Catalina Ponor é o grande nome da ginástica em Atenas". UOL Esportes. 
  23. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2013. Consultado o 03 de decembro de 2013. 
  24. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de decembro de 2013. Consultado o 02 de decembro de 2013. 
  25. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de decembro de 2013. Consultado o 02 de decembro de 2013. 
  26. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de outubro de 2012. Consultado o 22 de outubro de 2012. 
  27. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de outubro de 2012. Consultado o 22 de outubro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]