Solo (ximnasia)

Os exercicios de solo[Cómpre referencia] (tamén denominados ximnasia a mans libres) é unha das disciplinas que conforman o circuíto de ximnasia artística nas competicións deste deporte, masculinas e femininas[1]. A abreviatura desta proba para os eventos ximnásticos é FX, polo termo en inglés "floor exercise". Un exercicio de solo está composto principalmente de elementos acrobáticos, combinados con elementos ximnásticos de forza e de equilibrio, elementos de flexibilidade, apoios investidos e combinacións coreográficas, formando un exercicio con ritmo harmonioso. As ximnastas executan, sobre un tapiz cadrado que non poden traspasar, unha coreografía de entre 70 e 90 segundos con acompañamento musical, mentres que os homes realizan esta rutina cunha duración entre 60 e 70 segundos sen música.[2] Na modalidade feminina inclúe elementos acrobáticos, flexibilidade, de danza, saltos e xiros con cambios de dirección.
Dimensións
[editar | editar a fonte]As características dest a disciplina, que son iguais para a modalidade masculina e feminina, están fixadas pola Federación Internacional de Ximnasia:
- Superficie: 12 m x 12 m.
- Zona de seguridade: 2 m[3]
Gañadores olímpicos nesta modalidade
[editar | editar a fonte]Masculino
[editar | editar a fonte]- 1932 István Pelle
Hungría - 1936 Georges Miez
Suíza - 1948 Ferenc Pataki
Hungría - 1952 William Thoresson
Suecia - 1956 Valentin Muratov
Unión Soviética - 1960 Nobuyuki Aihara
Xapón - 1964 Franco Menichelli
Italia - 1968 Sawao Kato
Xapón - 1972 Nikolai Andrianov
Unión Soviética - 1976 Nikolai Andrianov
Unión Soviética - 1980 Roland Brückner
Alemaña Oriental - 1984 Li Ning
China - 1988 Sergei Kharkov
Unión Soviética - 1992 Li Xiaoshuang
China - 1996 Ioannis Melissanidis
Grecia - 2000 Igors Vihrovs
Letonia - 2004 Kyle Shewfelt
Canadá - 2008 Zou Kai
China - 2012 Zou Kai
China - 2016 Max Whitlock
Reino Unido
Feminino
[editar | editar a fonte]- 1952 Ágnes Keleti
Hungría - 1956 Ágnes Keleti
Hungría - 1960 Larisa Latynina
Unión Soviética - 1964 Larisa Latynina
Unión Soviética - 1968 Věra Čáslavská
Checoslovaquia - 1972 Olga Korbut
Unión Soviética - 1976 Nellie Kim
Unión Soviética - 1980 Nadia Comăneci
Romanía - 1984 Ecaterina Szabo
Romanía - 1988 Daniela Silivaş
Romanía - 1992 Lavinia Miloşovici
Romanía - 1996 Lilia Podkopayeva
Ucraína - 2000 Elena Zamolodchikova
Rusia - 2004 Cătălina Ponor
Romanía - 2008 Sandra Izbaşa
Romanía - 2012 Alexandra Raisman
Estados Unidos - 2016 Simone Biles
Estados Unidos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Apparatus Norms". FIG. p. II/52. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de decembro de 2011. Consultado o 2009-10-04.
- ↑ "Apparatus Norms". FIG. p. II/12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o December 19, 2011. Consultado o 2009-10-04.
- ↑ «Apparatus Norms» (PDF).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Solo |