Cestodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cestodos
Hymenolepis microstoma.jpg

Escòlex de Hymenolepis microstoma

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Platyzoa
Filo: Platyhelminthes
Clase: Cestoda
Subclases e Ordes

Subclase Cestodaria:

Subclase Eucestoda:

Os Cestodos (Cestoda) son unha clase de vermes planos con simetría bilateral pertencentes ao filo dos platihelmintos e que ten como principal característica o feito de ser parasitos internos de vertebrados formados por numerosos segmentos chamados proglotes ou proglótides. Os adultos carecen de epiderme e cilios externos e teñen o corpo recuberto dunha cutícula.

Teñen uns órganos de fixación en forma de garfo ou ventosa que se atopan na rexión anterior do corpo chamada escólex. Este continúa cun colo do que sae o estróbilo que é onde están as proglotes, que nos últimos segmentos poden estar cargadas de ovos.

Non teñen sistema circulatorio nin dixestivo. Aliméntanse por absorción directa de materiais que se atopan non intestino dos vertebrados que parasitan.

Son hermafroditas, presentando ciclos vitais complexos con varios hóspedes. As formas larvais chámanse cisticercos, cenuros ou hidátidas.

Hai descritas unhas 5.000 especies. É moi coñecido un xénero de cestodos chamado Taenia (tenia) que causa unha enfermidade parasitaria nos humanos chamada teníase, producida unicamente por dúas especies Taenia saginata e Taenia solium.


Bibliografía[editar | editar a fonte]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cestodos
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cestodos

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]