Saltar ao contido

Cesta punta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogador de cesta punta de Miami.

A cesta punta é un deporte de orixe vasca. O nome provén do éuscaro zesta-punta, 'punta de cesta'. Tamén recibe o nome de jai alai ("festa alegre" en éuscaro).

Consiste nunha modalidade de pelota vasca que se practica cunha cesta de vimbio. Cóllese a pelota coa cesta, tómase impulso e lánzase cara ao frontón. O peso da cesta oscila entre 200 e 600 g, cunha lonxitude de entre 62 cm (nas posicións dianteiras) e 68 cm (nas defensas). Se se ten en conta a curvatura das liñas, as dimensións oscilan entre 90 e 110 cm, e a profundidade da cesta, de 15 cm.

A cesta fabrícase con madeira de castiñeiro, tecida de vimbio, malia que na actualidade utilízanse materiais sintéticos. A forma da cesta (curva, cóncava, alongada e estreita) é, ao parecer, unha modificación da antiga chistera. Encaixa na man a xeito de luva, atada cunha corda, e vai provista dunha bolsa que axuda a reter a pelota.

Xógase en frontóns de entre 54 e 60 m. O principal trazo da cesta é lanzar a pelota con maior forza e eficacia despois de recollela e deixala deslizar até o extremo. De aí sae despedida contra o frontón, co fin de marcar un "tanto" para conseguir o maior número de puntos.

O xogo por parellas é a modalidade máis común. Os países máis sobresalientes son Francia, España, México, as Filipinas e os Estados Unidos (sobre todo no estado de Florida).[1]

As xogadoras e xogadores profesionais desenvolven as súas tempadas principalmente en México e nos EUA. A tempada estival celébrase en Euskadi e Francia, no circuíto Jai Alai World Tour.

Cesta punta nos Mundiais de Pelota Vasca

[editar | editar a fonte]
N. Ano Sede Ouro Prata Bronce Vitoria
I1952Donostia
España España
España España MéxicoM. Balet - J. Balet
II1955Montevideo
Uruguai
MéxicoEspaña EspañaR. Montes - A. López
III1958Biarritz
Francia
MéxicoEspaña EspañaAzcue - José Hamui
IV1962Pamplona
España España
MéxicoEspaña EspañaAdrián Zubikarai - José Hamui
V1966Montevideo
Uruguai
MéxicoEspaña EspañaAdrián Zubikarai - José Hamui
VI1970Donostia
España España
FranciaEspaña España MéxicoCamy - Fourneau
VII1974Montevideo
Uruguai
Francia MéxicoEspaña EspañaJ. Abeberry - J. Irazoqui
VIII1978Biarritz
Francia
España España México FranciaAperribay - Totorica
IX1982Cidade de México
México
FranciaEstados Unidos de América Estados UnidosEspaña EspañaD. Michelena - J. Inchauspe
X1986Gasteiz
España España
FranciaEspaña EspañaEstados Unidos de América Estados UnidosEtxeverria - Jaime Eza
XI1990Cuba
Cuba
España España Francia MéxicoA. Compañón - Mugartegui
XII1994Donibane Lohizune
Francia
España España México FranciaLander - Osa
XIII1998Cidade de México
México
Francia MéxicoEspaña EspañaL. Garcia - E. Irastorza
XIV2002Pamplona
España España
FranciaEspaña España MéxicoGarcía - Inza
XV2006Cidade de México
México
FranciaEspaña España MéxicoGarcía - Inza
XVI2010Pau
España España
Francia MéxicoEspaña EspañaTambourindeguy - Etcheto
XVII2014Toluca
México
España España Francia MéxicoPablo Lopez Polite-Yolanda Polite

Medalleiro histórico

[editar | editar a fonte]
PosiciónPaísOuroPrataBronceTotal
1 Francia 82212
2 España 58417
3 México 46515
4 Estados Unidos 0112
Totais (4 países)17171246

Cesta punta nos Xogos Olímpicos

[editar | editar a fonte]
N. Ano Sede Ouro Prata Bronce Campeones
I1900París
Francia
España España FranciaJosé de Amézola e Francisco Villota
II1924 (deporte de exhibición)París
Francia
España España FranciaSagrana, Garate, Santamaría
III1968 (deporte de exhibición)Cidade de México
México
España España Francia MéxicoIrmáns Mirapeix, Beascoechea e Arrien
IV1992 (deporte de exhibición)Barcelona
España España
España España Francia MéxicoKonpa, Atain, Celaya e Oianguren

Medalleiro histórico

[editar | editar a fonte]
PosiciónPaísOuroPrataBronceTotal
1 España 4004
2 Francia 0404
3 México 0022
Totais (3 países)44210
  1. Llano, Pablo de (29 de abril de 2018). "Estados Unidos cierra la puerta a los pelotaris vascos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 11 de xuño de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]