Cerviña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cerviña
Phyllitis scolopendrium subsp. scolopendrium 01 by Line1.jpg
Estado de conservación
G4
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clase: Polypodiopsida
Orde: Polypodiales
(sen clasif.): Eupolypods II
Familia: Aspleniaceae
Xénero: 'Asplenium'
Especie: ''A. scolopendrium''
Nome binomial
'Asplenium scolopendrium'
L.
Sinonimia

Phyllitis scolopendrium

A cerviña[1] (Asplenium scolopendrium) é unha especie de fento do xénero botánico Asplenium, da familia da Aspleniaceae. A especie aparece frecuentemente incluída no xénero Phyllitis coa designación de Phyllitis scolopendrium (L.) Newman[2].

En Galiza é común a subespecie Asplenium scolopendrium subsp. scolopendrium preto dos regos e nos lugares sombrizos.

Descrición e taxonomía[editar | editar a fonte]

Fento con frondes longas, con até 50–60 cm de longo e 5–6 cm de largura, enteiras e sen lóbulos. O raque é de cor castaña escura, espesa, con brillo ceroso. Nervios ben marcados, especialmente na páxina inferior do limbo. Os soros son lineares, con 12–15 mm de lonxitude, localizados na páxina inferior da fronde, inserido paralelamente aos nervios na parte distal, mais sen se aproximaren á marxe da fronde.

A especie clasifícase no xénero Asplenium, mais por ter frondes enteiras é por veces inserido no xénero Phyllitis. Aínda así, é un fento facilmente identificábel, pois as súas frondes non están divididas e subdivididas en segmentos, como ocorre na case totalidade das especies deste tipo. O rizoma é alargado, recuberto de páleas de cor castaña.

Nome galego[editar | editar a fonte]

A cerviña (en portugués língua cervina) recibe outro nomes en galego coma: lingua cerviña, cervún, herba cervúa, lingua de cervo; e tamén lingua de boi e herba dos escaldados .

Distribución[editar | editar a fonte]

Especie con distribución na Macaronesia e suroeste de Europa. Presente en todas as illas dos Azores, aínda que a raro na illa do Corvo[3]. É común en toda Galiza.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Soros con esporas.

A cerviña é unha especie das áreas con elevada humidade atmosférica, preferindo hábitats sombrizos e abeirados, onde a humidade relativa do ar se aproxime frecuentemente á saturación. Medra en xeral por riba dos 400 m de altitude (mais alto nas rexións con clima mediterráneo mais marcado, menos en rexións de clima atlántico, como Galiza), en cavorcos ou en bosques densos. Cando a humidade do ar é suficientemente elevada, presenta comportamento epilítico, medrando en fisuras de de rochas, en especial nas fendas sombrizas das escoadas lava.

A dependencia en relación aos lugares sombrizos tornan a especie vulnerábel á deforestación, mais permite a súa sobrevivencia en asociación con especies invasoras, entre as cales está o pitósporo Pittosporum undulatum. O tamaño das súas frondes e a preferencia por háitats hiperhúmidos leva a que sexa frecuente a presenza de hepáticas epífilas sobre as plantas[2].

As poboacións de A. scolopendrium son polo xeral pouco numerosas e espalladas, aparecendo en xeral asociadas ás formacións máis densas da laurisilva ou das fragas higrófilas. É común a asociación da especie co pteridófito Trichomanes speciosum ( o fento frisado) e con diversos briófitos[2].

En Galiza medra dende o nivel do mar en noiros húmidos, lamazais e ribeiras, moitas veces en vales fondos ou cavorcos asociado a poboacións de loureiros; condicións semellantes ás laurisilvas.

Usos[editar | editar a fonte]

En infusión, é utilizada contra a diarrea e para reducir as inflamacións intestinais. En gargarexos é útil contra as inflamacións da boca e da gorxa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego preferido en ‘’Termos Esenciais de Botánica’’, entrada 167, da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002. Tamén aparece no Dicionario da RAG e é documentado noutros dicionarios
  2. 2,0 2,1 2,2 Erik Sjögren, Plantas e Flores dos Açores. Direcção Regional da Cultura, Angra do Heroísmo, 2001.
  3. Asplenium scolopendrium no AzoresBioPortal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Erik Sjögren, Plantas e Flores dos Açores. Edición do autor, 2001.
  • Hyde, H. A., Wade, A. E., & Harrison, S. G. (1978). Welsh Ferns. National Museum of Wales (ISBN 0-7200-0210-9).
  • Murakami, N., S. Nogami, M. Watanabe, K. Iwatsuki. 1999. Phylogeny of Aspleniaceae inferred from rbcL nucleotide sequences. American Fern Journal 89: 232-243.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerviña Modificar a ligazón no Wikidata