Certame de poesía Francisco Añón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Certame de Poesía Francisco Añón»)

O Certame de Poesía Francisco Añón celébrase anualmente no Día das Letras Galegas, convocado polo concello de Outes.

Conta con 6 categorías, clasificando as obras pola idade dos autores (5 categorías dende os 6 aos 18 anos e última categoría para a maioría de idade).[1]

O galardón entrégase na Casa da Cultura municipal, e amais da dotación económica, a persoa gañadora de cada categoría ten a opción de publicar a obra.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Texto do pé de foto
Ano Obra gañadora Accésit
1995 (I edición)
1996 (II edición)
1997 (III edición) Un metal ó que chaman soidade, de Ramón Blanco Fernández Morriña, de Rita Calo Outón
Respiras, de Daniel García Dosil
1998 (IV edición) Mar de ausencias, de Modesto Fraga
Xurxo Alonso García
1999 (V edición) Pinceladas de Alba Payo Froiz
2000 (VI edición) Emma Pedreira Lombardía
Estíbaliz Espinosa Río
Ramón Blanco Fernández
Lucía Durán Paredes
2001 (VII edición) Fillos da néboa, de Lucía Durán As follas da memoria, de Baldo Ramos
Caderno de Donicela, de Fernando Castro
A alma dos grilos, de Iván García
2002 (VIII edición)
2003 (IX edición)
2004 (X edición) Erótica, de Alberte Momán
2005 (IX edición) Nas aforas, de Rosa Enríquez Noya Lucía Novas Garrido
2006 (X edición) Rodopíos no encoro, de Paulino Peña
2007 (XI edición) Ansiedade e planetas, de Cristina Ferreiro Real Alba Cid Fernández
2008 (XII edición) O home que falaba coas baleas, de Pablo Bouza Suárez Nas trabes da eclipse, de Alba Cid Fernández
2009 (XIII edición) Carne salgada, de Natalia Vázquez García Vintetrés cincuenta e nove, de Pablo Lourido Fernández
2010 (XIV edición) Split screen, de Olalla Tuñas Martínez Solsticio de río, de Xosé García Rodríguez
2011 (XV edición) Manuscrito segundo da poeta caníbal, de Marisol Gándara Sánchez
2012 (XVI edición) Hábitat/Interferencias, de Ismael Ramos A contratempo, de Naír García Abilleira
2013 (XVII edición) Andar descalza, de Arancha Nogueira
2014 (XVIII edición) Doe tanto a túa ausencia, de Eli Ríos Milagre sin ril, de Alejandro Sande Corral
2015 (XIX edición) Ovella, de Lara Dopazo Ruibal Ani(vers)ario, de Vicente Vázquez Vidal
2016 (XX edición) Deshabitar unha casa, de Míriam Ferradáns Alquimias na mente de Susana Justo Barreira
2017 (XXI edición) Niño Asombrario, de Ana Belén Varela As paisaxes perdidas de Francisco Javier Jardón
O zapato esquerdo de madame Bovary, de Óscar García Ramos
2018 (XXII edición) Ixinia, de Kai Lois Baltrusch Montero Spleen en catro tempos, de Arancha Nogueira
2019 (XXIII edición) Agora que nos roubaron, de Mariña López Varela O latente, de Iris Carro González
2020 (XXIV edición) Inventario de consecuencias, de Óscar García Ramos Se tivera un pau e gasolina e unha amiga, e un chisqueiro, de Bea Saiáns
CL, de Manuel López Rodríguez
2021 (XXV edición) Impostura, de Paula Antía Rey Baliña Toxicidade, de Abraham Pérez
2022 (XXVI edición) Manuel López Rodríguez

Notas[editar | editar a fonte]