Vicente Vázquez Vidal
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de maio de 1992 Melide |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, filólogo, profesor de ensino secundario |
| Premios | |
| |
Vicente Vázquez Vidal, nado en Melide o 10 de maio de 1992, é un profesor e poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Linguas e Literaturas modernas[1] pola Universidade de Santiago, especializouse no estudo da literatura e ten traballado sobre Hannah Arendt ou Karl Jaspers.[2] Traballou como profesor de español en Lión entre 2015[3] e 2018, ano en que se trasladou a vivir a Lugo. En 2019 trasladouse a Arcansas cunha bolsa Fulbright a aprenderlles español e escritura creativa e en 2020 foi vivir a Nancy para dar clase de español na Universidade da Lorena.[4]
Na actualidade é docente en Melide.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Ani(vers)ario (Micromundos, 2017) (Accésit do Certame de poesía Francisco Añón 2015).
- Os afluentes (Tulipa, 2018) (edición bilingüe, con tradución ao francés).
- Poesía Galega Novísima (Urutau, 2020). Antoloxía.
- O conto da leiteira (Caldeirón, 2025). Gañador do Certame de poesía Francisco Añón 2024.[5][6]
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Profundo sen nome[7] (2024), relato en edición bilingüe en galego e portugués. Gañador do Premio Literario Nortear.
Tradución
[editar | editar a fonte]- Sobrevivir na era da incerteza, de Rosendo Cid (Tulipa, 2021).
Premios
[editar | editar a fonte]- No 2023 gañou a 9ª edición do Premio Literario Nortear para a mocidade escritora da Eurorrexión co relato “Profundo sen nome”.[8]
- En 2024 gañou o Certame de poesía Francisco Añón con O conto da leiteira.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gallego, Grupo El Correo. "Presentan el poemario '10x15' en Chan da Pólvora" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-16.
- ↑ Vidal, Vicente Vázquez. "Die Auseinandersetzung mit der Schuld und dem Bösen in der deutschen Kultur der Nachkriegszeit anhand der Werke von Karl Jaspers und Hannah Arendt" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 16 de novembro de 2018.
- ↑ "Vicente Vázquez Vidal". A BACANA (en portugués). Consultado o 2018-11-16.
- ↑ Cabada, Marcus Daniel (2020). Poesía Galega Novísima.
- ↑ Laura Moure (19 de maio de 2024). "O melidense Vicente Vázquez Vidal gaña o Certame Francisco Añón de Poesía". Ecos da Comarca.
- ↑ Blanco, M. X. (17 de maio de 2024). "O premio Francisco Añón viaxa a Melide, pero distingue tres novas plumas de Muros". lavozdegalicia.es. Consultado o 24 de marzo de 2026.
- ↑ O título orixinal da primeira edición figura, en galego, como Profundo sen nombre.
- ↑ "Vicente Vázquez Vidal, ganador do Premio Nortear para a mocidade escritora". Faro de Vigo. 2023-09-29. Consultado o 2023-09-30.
- ↑ O premio Francisco Añón viaxa a Melide, pero distingue tres novas plumas de Muros