Cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de 2024
Tipo | Olympic Games opening ceremony (en) |
---|---|
Organizador | Comité Olímpico Internacional |
Parte de | Xogos Olímpicos de 2024 |
Localización e Datas | |
Localización | Río Sena (Normandía) 49°26′05″N 0°07′03″L / 49.4347, 0.1175 |
País | Francia |
Data | 26 de xullo de 2024 |
Datos estatísticos | |
Número de espectadores | 326.000 |
A cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 2024 está prevista para o 26 de xullo de 2024 en París, a partir das 19:30 hora local (17:30 UTC). Segundo o disposto na Carta Olímpica, as actuacións incluirán un programa artístico que mostrará a cultura do país e a cidade anfitrións, o desfile de atletas e o acendido do pebeteiro olímpico. Os Xogos serán inaugurados formalmente polo presidente de Francia, Emmanuel Macron.
Como novidade desta edición para uns Xogos Olímpicos de Verán, a cerimonia terá lugar por primeira vez fora dun estadio.[1] Comezará na ponte de Austerlitz e percorrerá o río Sena de leste a oeste ata chegar ao Xardín do Trocadero, onde finalizará.
Preparativos
[editar | editar a fonte]Agardábase que a planificación rematase a finais do 2023. Antes do evento principal realizaríanse algúns ensaios sen público en lugares variados e outros no sitio do evento, considerados como "aperitivos" por Thierry Reboul, Director Executivo de marca, creatividade e participación dos Xogos. A primeira toma de cámara realizouse en setembro de 2023 e agárdase que 130 cámaras proporcionen a cobertura do evento.[2] O evento retransmitirase en 80 pantallas xigantes ao longo da ruta do Sena.[3] Organizada polo actor e director de teatro Thomas Jolly, será a primeira cerimonia de inauguración que se celebrará fóra dun estadio olímpico.[3][4] A visión coreográfica foi creada por Maud Le Pladec.[5]
Orixinalmente agardábase que os asistentes foran máis de 500.000[2] (sen pagar) e 100.000 espectadores adicionais pagando nos peiraos inferiores do río,[6] sumando un total de 600.000.[7] As cifras supoñen unha taxa de ocupación de 3 persoas por metro cadrado.[6] Porén, tras unha suxestión en maio de 2023 de Amélie Oudéa-Castéra, ministra francesa de Deportes e Xogos Olímpicos e Paralímpicos, de que se limitase a entre 300.000 e 400.000 de balde, e tras preocupacións adicionais de seguridade e transporte, a cifra reduciuse a un máximo de 300.000 a finais de novembro de 2023.[6] A finais de decembro de 2023 propúxose unha nova redución, xa que os servizos de seguridade preferirían a cerimonia nun estadio para facilitar a implementación das medidas de seguridade.[8] As bancadas extenderanse dende a Biblioteca François-Mitterrand ata a Torre Eiffel.[6]
O público alinearase ás beiras do Sena, tomando asento ao longo dos 6 quilómetros nos peiraos superior e inferior, así como dos ríos que se atopan a cada lado.[2] [3] O equipo organizador contará en total con entre 6.000 e 8.000 persoas, incluída a seguridade nos días previos á cerimonia. A cerimonia en si contará con 2.000 bailaríns.[2] Todo o persoal involucrado en auga, aire e terra ascenderá a 45.000, cunha media de 3.750 persoas por km2.[8] Esta cifra non inclúe os aproximadamente 2.000 axentes necesarios para monitorizar as tendas de campaña situadas na entrada dos posuidores de boletos pagados e as forzas da orde localizadas nos peiraos elevados durante todo o percorrido.[8] O elenco e os deportistas percorrerán o río dende a Ponte de Austerlitz ata a Ponte de Jena, fronte á Torre Eiffel e os Xardíns do Trocadero, onde terá lugar o evento principal.[7]
En maio de 2023, as entradas para o evento saíron á venda mediante sorteo por primeira vez, con prezos que oscilaban entre 90 euros e 2700 euros,[9] sendo estas últimas as máis caras que saíran nunca á venda para uns Xogos.[10]
En 2023, fixéronse plans para retirar os postos de libros xunto ao río durante a cerimonia de apertura e, como práctica, en novembro de 2023, desmanteláronse varios postos de libros.[11][12] Porén, en febreiro de 2024, o presidente Macron descartou o plan de retirar os pequenos quiosques dos libreiros.[13]
En outubro de 2023, tralas preocupacións de seguridade causadas pola invasión rusa de Ucraína, a guerra entre Israel e Hamás de 2023 e o apuñalamento da escola de Arras, tanto o goberno francés coma o Comité Organizador de París para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de 2024 (COJOP2024) declararon que non había plans oficiais para cambiar o sitio da inauguración, indicando que "o Plan A ten en conta todas as ameazas". Oudéa-Castréa afirmou a BFM TV que estaban poñendo atención ao contexto e que o goberno estivera traballando en "axustar variables", desexando manter o formato orixinal.[6] En decembro de 2023, o presidente Macron afirmou que había múltiples escenarios para a cerimonia, en caso de que un evento maior de seguridade obrigase a abandonar o Sena. Ante isto, COJOP2024 afirmou que tiñan "plans de continxencia para todos os escenarios de risco identificados: vagas de calor, ciberataques, e a cerimonia non é unha excepción".[7]
Inicialmente agárdase que as máis de 200 delegacións se repartan entre 160 barcos e barcazas,[14] dos cales ao dedor de 50 participaron nun ensaio reducido realizado en xullo de 2023, transportando delegacións de atletas, equipos de televisión e servizos de emerxencia.[4] En abril de 2013, 116 naves de 42 compañías comprometéranse a participar, co 98% de todos os barcos provenientes da propia París e o resto de compañías rexionais de navegación, coma o patrocinador local Highfield Boats.[15]
En febreiro de 2024 anunciouse que o número de espectadores que asistirían á cerimonia inaugural se reduciría dos 600.000 espectadores propostos a uns 300.000. Haberá 100.000 entradas pagadas para a cerimonia e aorededor de 200.000 entradas de balde.[16][17] O mes seguinte declarouse unha cantidade exacta de 326.000 billetes, dos cales 104.000 billetes eran pagados para o banco inferior e 222.000 billetes eran de balde para o banco superior.[18] As entradas de balde distribúense en tres roldas e están destinadas a familias con baixos ingresos que viven en zonas desfavorecidas, movementos deportivos, mozos, persoas que axudan a organizar os Xogos Olímpicos, incluídos comerciantes e traballadores da cidade.[19] Como se propuxo orixinalmente, non se entregarán entradas de balde aos turistas.[20]
O ensaio da cerimonia previsto para o 24 de xuño de 2024, foi posposto debido a un forte caudal do río Sena.[21][22]
Equipo clave da cerimonia
[editar | editar a fonte]- Director artístico: Thomas Jolly [23]
- Director musical: Victor le Masne [5]
- Directora de Danza: Maud Le Pladec [5]
- Coreógrafa: Maud Le Pladec[5]
- Directora de estilismo e vestiario: Daphné Bürki [24]
- Xefe de vestiario: Olivier Bériot [24]
Cerimonia e relevo do facho
[editar | editar a fonte]O Desfile das Nacións, durante o cal os 10.500 atletas participantes desfilarán categorizados por delegación,[3] terá lugar no Sena, mentres que outros actos cerimoniais se celebrarán nos Xardíns do Trocadéro.[25][26] Gérald Darmanin, ministro do Interior, estimou que se necesitarán 25.000 axentes de seguridade e que se despregarán ao redor de 35.000 policías para a cerimonia de apertura.[9] [25]
O relevo do facho olímpico de 80 días para a chama olímpica está organizado polo presidente de COJOP2024, Tony Estanguet. O facho debía saír de Grecia en barco cara a Marsella, pasar polo Mont-Saint-Michel, o Palacio de Versalles e o Caribe francés, antes de chegar finalmente á cerimonia de acendido da pebeteiro olímpico.[4] Acendeuse en Olimpia, Grecia o 16 de abril de 2024,[27] viaxando por Grecia durante os seguintes 10 días antes de ser entregado a COJOP2024 o 26 de abril no Estadio Panatenaico de Atenas. Saíu do Pireo a bordo do veleiro Belem e chegou a Marsella o 8 de maio de 2024 escoltado por 1.000 barcos.[28][29]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ceremonia de apertura". olympics.com.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Lloyd, Owen (2023-09-20). "Paris 2024 Opening Ceremony preparations to be finalised by end of year". Inside the Games. Arquivado dende o orixinal o 2023-09-21. Consultado o 2023-12-21.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Delorme, Anne-Claire (2023-07-10). "Paris 2024 opening ceremony: why you (really) shouldn't miss it?". Explore France. Arquivado dende o orixinal o 2023-09-29. Consultado o 2023-12-21.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Seine-sational? Paris rehearses waterborne opening ceremony for 2024 Olympics". France24. Agence France-Presse. 2023-07-17. Arquivado dende o orixinal o 2023-07-17. Consultado o 2023-12-21.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Maud Le Pladec, named as Director of Dance for the four ceremonies of the Games of Paris 2024 and choreographer of the Olympic Games Opening Ceremony". Paris 2024. 2024-06-18.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Lepeltier, Nicolas (2023-11-02). "Paris 2024 opening ceremony: Authorities consider admitting around 300,000 spectators for free". Le Monde. Arquivado dende o orixinal o 2023-11-02. Consultado o 2023-12-21.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Pretot, Julien (2023-12-21). "Paris 2024 has contingency plans for opening ceremony". Reuters. Reuters. Arquivado dende o orixinal o 2023-12-21. Consultado o 2023-12-21.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Daffunchio Picazo, Raúl (2023-12-28). "Paris 2024: From a big opening for all to a small one for some". Inside the Games. Arquivado dende o orixinal o 2023-12-29. Consultado o 2023-12-31.
- ↑ 9,0 9,1 Burke, Patrick (2023-04-23). "Paris 2024 reveals flotilla of boats signed up for historic Opening Ceremony along Seine". Inside the Games. Arquivado dende o orixinal o 2023-04-25. Consultado o 2023-12-31.
- ↑ Muñana, Gustavo (2023-11-23). "Olympics-Paris 2024 to sell 400,000 tickets next week, 7.2 million already sold". Inside the Games. Arquivado dende o orixinal o 2023-11-25. Consultado o 2023-12-31.
- ↑ Paris quayside booksellers dig in for Olympics battle
- ↑ "Los libreros del Sena ven peligrar sus puestos por Los Jugos Olímpicos de París". RTVE (Telediario 1). 7 de agosto de 2023. Consultado o 30 de xuño de 2014.
- ↑ OLYMPICS Macron shelves plan to remove riverside Paris booksellers for opening ceremony
- ↑ "France prepared to change plans on 2024 Olympics opening based on security". Reuters. Reuters. 2023-12-20. Arquivado dende o orixinal o 2023-12-21. Consultado o 2023-12-21.
- ↑ Burke, Patrick (2023-04-23). "Paris 2024 reveals flotilla of boats signed up for historic Opening Ceremony along Seine". Inside the Games. Arquivado dende o orixinal o 2023-04-25. Consultado o 2023-12-31.
- ↑ Fewer fans allowed at Paris opening ceremony
- ↑ France downsizes Paris 2024 opening ceremony crowd to around 300,000 spectators
- ↑ 326,000 tickets for Paris Olympics opening ceremony, minister says
- ↑ Paris begins sharing out free tickets for Olympics' opening ceremony
- ↑ Paris won’t allow tourists free access to Olympics opening ceremony along the Seine River
- ↑ Paris Olympics opening ceremony rehearsal postponed due to strong Seine flow
- ↑ B. F. (17 de xuño de 2024). "Ensayo general de la inauguración de los Juegos en el Sena con 50 barcos". Marca. Consultado o 30 de xuño de 2024.
- ↑ Leibovitz, Gaby Wood,Annie (2024-05-30). "Thomas Jolly is Masterminding the Most Complex (and Wettest) Olympics Opening Ceremony of All Time". Vogue.
- ↑ 24,0 24,1 [1]
- ↑ 25,0 25,1 "France unveils security plan for Olympics opening ceremony in central Paris". France 24 (en inglés). 2023-05-24. Consultado o 2023-06-25.
- ↑ Newcomb, Tim (2023-06-20). "Paris 2024 Floats New Approach For Opening Ceremony Stadium". Forbes (en inglés). Consultado o 2023-06-25.
- ↑ Paphitis, Nicholas (2024-04-16). "Despite weather glitch, the Paris Olympics flame is lit at the Greek cradle of ancient games". AP News (en inglés). Consultado o 2024-04-16.
- ↑ "News Access Rules Applicable to the Olympic Torch Relay of the Games of the XXXIII Olympiad Paris 2024" (PDF). International Olympic Committee (PDF). 2023-11-26. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2023-12-22. Consultado o 2023-12-21.
- ↑ "Olympic flame reaches France for 2024 Paris Olympics aboard a 19th century sailing ship" (en inglés). CBS News.com. 2024-05-08. Consultado o 2024-05-08.