Lixas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Centrophoridae»)
Centrofóridos
(Centrophoridae)
Lixas

Centrophorus granulosus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Squaliformes
Familia: Centrophoridae
Bleeker, 1859
Xéneros

Os centrofóridos (Centrophoridae) son unha familia de elasmobranquios selaquimorfos da orde dos escualiformes (Squaliformes) propios de augas temperadas e tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico,[1] coñecidos vulgarmente como lixas, especialmente as especies do xénero Centrophous.[2]

Características[editar | editar a fonte]

As lixas son tiburóns pequenos, de 80 a 160 cm de lonxitude. Teñen dúas aletas dorsais con espiñas estriadas. Os dentes do maxilar inferior son máis grandes que os do superior. Carecen de fosas precuadais e de quillas laterais no pedúnculo caudal.[1]

Historia natural[editar | editar a fonte]

Son ovovivíparos e os embrións aliméntanse só de vitelo.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A familia inclúe dos xéneros e 18 especies:[1]

Xénero Centrophorus

Centrophorus granulosus
Centrophorus squamosus
Deania calcea

Xénero Deania

En Galicia[editar | editar a fonte]

En augas galegas aparecen citadas na bibliografía as especies Centrophorus granulosus[3], para a que Ríos Panisse recolleu na Guarda o nome de lixa,[4] C. squamosus [5] e Deania calcea.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Froese, R. e D. Pauly (eds.) (2009) FishBase Arquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine., versión 10/2009.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 189.
  3. Rodríguez Villanueva et al. (1992), p. 92.
  4. Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimnas de Galicia. I. Invertebrados y peces.. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Composrtela, Verba, Anejo 7. ISBN 84-7191-008-X, p. 169.
  5. Rodríguez Villanueva et al. (1992), p. 93.
  6. Solórzano et al. (1988), p. 14.
  7. Rodríguez Villanueva et. al. (1992), p. 74.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]