Centro histórico de Guimarães
Tipo | barrio casco vello patrimonio cultural | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Oliveira, São Paio e São Sebastião, Portugal | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 38,2 ha zona de protección: 129,4 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 2001 (25ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii) e (iv) | |||
Identificador | 1031 | |||
Monumento nacional de Portugal | ||||
Identificador | 331951 | |||
Monumento nacional de Portugal | ||||
Zona de Couros | ||||
Data | 20 de marzo de 2024 | |||
Identificador | 331951 | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Zona de Couros | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 2023 (45ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii), (iv) e (v) | |||
| ||||
Monumento nacional de Portugal | ||||
Centro histórico de Guimarães | ||||
Identificador | 331951 | |||
O centro histórico de Guimarães atópase asociado ao nacemento da identidade nacional portuguesa do século XII. Constitúe un exemplo excepcionalmente ben conservado da evolución dunha localidade medieval cara a unha cidade moderna. A variada tipoloxía de edificacións mostra o desenvolvemento da arquitectura portuguesa entre os séculos XV e XIX, co uso continuo de técnicas e materiais de construción tradicionais. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2001.[1]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Técnicas de construción
[editar | editar a fonte]As técnicas constructivas dominantes son coñecidas como taipa de rodízio e taipa de fasquio. A colocación do xeso constitúe o revestimento final, sobre o cal se aplican pinturas e decoración artesanais. Estas técnicas constructivas, con raíces medievais, continuarán a utilizarse ata os nosos días por ser un proceso constructivo de fácil execución.
“A taipa de rodízio”
[editar | editar a fonte]A taipa de rodízio constitúe unha técnica de construción de paredes exteriores e interiores, soamente utilizada para os andares superiores, xa que o primeiro andar está case sempre construído con granito.
“A taipa de fasquio”
[editar | editar a fonte]A taipa de fasquio é tamén unha técnica de construción de paredes exteriores e interiores, soamente utilizada para os andares superiores ao primeiro. Estas paredes compóñense dunha estrutura de táboas de madeira, ligada con cravos a un segundo plano de táboas, dispostas diagonalmente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Centro histórico de Guimaraes". whc.unesco.org (en castelán).