Centro de Información Xudía de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°17′15″N 8°08′36″O / 42.287444444444, -8.14325

Centro de Información Xudía de Galicia
Placa do Centro de Información Xudía de Galicia.
PaísGaliza
CidadeRibadavia
TipoHistórico, cultural
editar datos en Wikidata ]

O Centro de Información Xudía de Galicia, tamén coñecido popularmente como Museo Sefardí de Galicia,[1] é un museo galego situado en Ribadavia (Ourense) e adicado á historia e as principais singularidades do pobo xudeu en Galiza.[2]

Situado no pazo dos Condes de Ribadavia, no número 7 da Praza Maior,[3] o Centro de Información Xudía de Galicia ocupa o segundo andar do edificio, que comparte coa Oficina de Turismo e o Xulgado. A colección amosa algunhas pezas salientables da historia da comunidade xudía en Galiza como a menorá grabada nunha pedra da catedral de Tui, a lápida do século X-XI da Coruña, así como reproducións de obxectos ligados ao pobo e á cultura xudía.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ribadavia" (en castelán). Red de Juderías de España. Consultado o 17 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Ribadavia. Centro de Información Xudía de Galicia" (en castelán). Red de Juderías de España. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2017. 
  3. "CENTRO DE INFORMACIÓN XUDÍA DE GALICIA". turismo.gal. Consultado o 17 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]