Saltar ao contido

Central térmica de Sabón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Central térmica de Sabón
Oseiro Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Epónimo
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
Cifras e dimensións
 Potencia
   391 MW Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

A central térmica de Sabón é unha central térmica xa pechada, situada no polígono industrial de Sabón, no municipio de Arteixo. Estaba integrada por dúas unidades, a antiga de fueloil de 480 MW e a outra de ciclo combinado cunha potencia de 400 MW que empezou a funcionar no ano 2008. Foi creada por Fenosa, e despois pasou a ser propiedade da empresa Naturgy.

Está situada a unha altitude de 30 msnm, limitada ao norte por Punta Cancela e a poboación de Rañobre, ao leste polo encoro de Rosadoiro, ao sur polo polígono industrial de Sabón e ao oeste pola praia da Alba.[1]

A central de fuel constaba de dous grupos, o grupo I de 120 MW e o II de 350 MW, que iniciaron as súas operacións o 20 de abril de 1972 e o 1 de abril de 1975, respectivamente.[1] Ambos foron dados de baixa en decembro de 2011 e posteriormente desmantelados.[2]

A central térmica de Sabón iniciou a súa actividade en 1972 con dous grupos de produción de enerxía eléctrica que utilizaban o fuelóleo como combustible principal. Naturgy (antigamente chamada Gas Natural Fenosa) solicitou en 2010 o peche dos dous grupos de fuelóleo da central térmica que, con 40 anos de antigüidade, esgotaran a súa vida útil. En 2008 empezou a funcionar o grupo de ciclo combinado, que opera con gas natural, cunha potencia de 400 MW.

A primeira pedra da central de ciclo combinado de gas de Sabón, construída por Unión Fenosa, foi colocada en xuño de 2006. O investimento estimado para a construción, desenvolvemento e posta en marcha alcanzaba os 221,3 millóns de euros e estimábase a súa posta en marcha en novembro de 2007. A localización foi elixida pola súa proximidade á planta de regasificación de Mugardos, a súa fácil conexión á rede de gasodutos e á rede eléctrica, e pola súa proximidade a Punta Lagosteira.[3]

O proxecto afirmaba reducir o consumo de auga nun 35 por cento respecto das necesidades dunha central térmica convencional. [3] Aínda así, a central consome un caudal de 263.306 m3/ano procedente da rede de abastecemento municipal, ascendendo o caudal vertido de augas industriais a 101.258 m3/ano. [4]

Sabón consome 181522 toneladas ao ano de gas natural e cantidades menores de fuelóleo (3575 t/ano) e gasóleo (68 t/ano). Pola súa banda, o consumo de enerxía eléctrica ascende a 6.999 MW/h ao ano.[4]

Os principais contaminantes atmosféricos son:[4]

A súa cheminea de 200 metros de altura era, despois da cheminea de 356 metros da central térmica das Pontes, a segunda construción máis alta de Galicia.[5] Foi demolida en 2019.[6]

Xa aprobados os permisos para montar sobre o que era a térmica un segundo ciclo combinado, en maio de 2009 o grupo Gas Natural-Unión Fenosa propúxose a venda da central.

Con todo a operación non se concretou e a compañía descartou a conversión da vella central. En outubro de 2010 o goberno autorizou a Gas Natural-Unión Fenosa a pechar os grupos I e II da central térmica de Sabón, concedendo un termo de dous anos para o seu desmantelamento.[7]

  1. 1 2 "Declaración ambiental, Sabón, 2006" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2020.
  2. ↑ La Voz de Galicia «La chimenea de Sabón desaparecerá a finales de mes.» Consultado o 30 de xuño de 2020
  3. 1 2 "Unión Fenosa construirá una planta de ciclo combinado de 800 MW en Zorita". Interempresas (en castelán).
  4. 1 2 3 "Información pública - Informe detallado CENTRAL TERMICA DE SABON | PRTR España". www.prtr-es.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2020.
  5. ↑ "Solo las chimeneas de la central térmica de Sabón y la refinería se elevan más que los edificios". La Voz de Galicia (en castelán). 12-09-2010.
  6. ↑ "Fin oficial de la chimenea de Sabón". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de decembro de 2019.
  7. ↑ "El Gobierno faculta a Gas Natural a cerrar los ciclos de fuel de la térmica de Sabón". www.farodevigo.es.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]