Castanopsis sclerophylla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Castanopsis sclerophylla é unha especie da familia das fagáceas pertencente ao xénero Castanopsis, propia da China. É unha árbore perennifolia que pode alcanzar até os 20 m de altura.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1912 polo botánico alemán Ernst Max Schottky nun traballo publicado en Bot. Jahrb. Syst. 47: 638.[2]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome válido hoxe, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]

  • Castanopsis chinensis (C.Abel) Schottky
  • Lithocarpus chinensis (C.Abel) A.Camus
  • Quercus chinensis C.Abel
  • Quercus cuspidata var. sinensis A.DC.
  • Quercus sclerophylla Lindl. & Paxton
  • Synaedrys sclerophylla (Lindl. & Paxton) Koidz.

Características[editar | editar a fonte]

As principais características desta especie son:[3]

  • Son árbores coas pólas e as láminas foliares glabras.
  • Os abrochos xoves son de cor parda avermellada, lixeiramente angulados.
  • O pecíolo das follas mide de 1,5 a 2.5 cm, a lámina da folla é oblonga, ovada-elíptica ou obovada-elíptica, de 7 a 15 cm de lonxitude, coriácea, de cor verde que se vai volvendo gris prateado coa idade.
  • O raques das inflorescencias son glabros. A feminina mide uns 15 cm.
  • A infrutescencia mide de 8 a 15 cm.
  • Florece en abril-maio, e frutifica en outubro-novembro.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Forma bosques desde os 200 até os 1000 m de altitude, nas provincias de Anhui, Fujian, Guangxi, o nordeste de Guizhou, Hubei, Hunan, Jiangsu, Jiangxi, o leste de Sichuan e Zhejiang.[3]

Uso[editar | editar a fonte]

Esta árbore aprovéitase na natureza para uso local como alimento, xa que os seus froitos (noces) son comestíbeis,[3] como medicina tradicional chinesa, e probabelmente tamén como fonte de materiais. Ás veces cultívase como ornamental.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Castanopsis sclerophylla en temperate.theferns.info (en inglés). Consultada o 4 de xullo de 2020.
  2. 2,0 2,1 Castanopsis sclerophylla Schottky no GBIF. Consultada o 4 de xullo de 2020 (en inglés).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Castanopsis sclerophylla en Flora of China, Consultada o 4 de xullo de 2020 (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]