A señora Crittenden (Cathy Moriarty) contrata ó doutor Harvey (Bill Pullman), para que exorcice a mansión de Whipstaff, na que habitan catro pantasmas. Tres deles; Látego, Tufo e Gordy non toleran ós mortais dentro da casa e teñen un sentido do humor tan negro que espantan ata ós máis atrevidos. Con eles vive o seu sobriño Casper, xove, amigable e farto dos seus tíos. Crittenden quere atopar un tesouro agochado no edificio. Algo que oculta ó doutor Harvey, que se presenta na mansión coa súa filla Kat (Christina Ricci), unha adolescente soñadora. A filla de Harvey e Casper coñécense e comezan a levarse estupendamente dende moi cedo. Ambos son adolescentes e teñen problemas para relacionarse. De Casper foxe todo o mundo porque é unha pantasma e de Kat, en canto se decatan da profesión do seu pai.