Eric Idle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Eric Idle
Eric Idle.jpg
Nacemento 29 de marzo de 1943
  South Shields
Nacionalidade Reino Unido
Educado en Universidade de Cambridge e Pembroke College (Cambridge)
Ocupación actor de cinema, actor, humorista, guionista, novelista, cantautor, dramaturgo, escritor, guitarrista e letrista
Cónxuxe Lyn Ashley
editar datos en Wikidata ]

Eric Idle, nado en South Shields, no Condado de Durham, o 29 de marzo de 1943, é un músico e humorista británico, membro do grupo de actuación humorístico Monty Python.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou estudos de literatura inglesa na Universidade de Cambridge.

Idle, o músico do grupo, é o compositor de boa parte das cancións das películas do grupo (non así da canción da serie de televisión Monty Python's Flying Circus, unha marcha popular chamada freedom bell). En Monty Python's Life of Brian canta a máis popular canción dos Python, Always Look On The Bright Side Of Life, e tamén canta a canción principal de The Meaning of Life. Idle é coñecido polo uso de pelucas ridículas (unha das raras ocasións en que non usa peluca é na escena final de Monty Python's Life of Brian), e polos seus exasperantes papeis, como "o home invisíbel", "o home das fotos", ou "o home que quería unha formiga". Idle interpretou ó "valiente" Sir Robin en the Holy Grail.

Púxolle voz ó personaxe de Rincewind nas videoaventuras DiscWorld e DiscWorld II, así como ó Dr. Vosnocker en South Park: Máis grande, máis longo e sen cortes.

Tamén foi fundador, compositor e membro do grupo "The Rutles", parodia do grupo de Liverpool "The Beatles".