Caso da hepatite C en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Caso da Hepatite C
Pazo de Xustiza - A Coruña - entrada.jpg
TSX de Galicia, onde en primeira instancia se denunciou o caso da hepatite C en Galicia.
Data:2016-.
Denunciantes:Fiscalía
Asociación Batas Blancas[1]
Xuíz:Andrés Lago Louro[2]
Xulgado:Xulgado de Instrución nº3
Santiago
véxase: Hepatite C

O caso da hepatite C en Galicia foi un procedemento xudicial aberto polo xulgado de instrución número 3 de Santiago de Compostela contra o Servizo Galego de Saúde e dous cargos sanitarios do goberno de Alberto Núñez Feijóo, os cales foron imputados por prevaricación e homicidio imprudente pola negativa a receitar o fármaco Sofosbuvir (cuxos nomes comerciais son Sovaldi[3] e Virunon) a doentes con hepatite C en estado avanzado. Os directivos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), terían atrasado ou denegado deliberadamente, e por razóns orzamentarias, a concesión da receita deste novo fármaco para a hepatite C, moito máis eficaz e o indicado nas últimas guías clínicas para o tratamento desta doenza, pero cun custo económico substancialmente maior.[4] Algúns dos doentes afectados por este caso faleceron durante o tempo de espera á concesión da receita. O xefe da Unidade de Trasplantes do Hospital de Santiago, Evaristo Varo Pérez, vinculou o atraso das prescricións a, a lo menos, a morte de tres pacientes.[5]

O procedemento xudicial aberto pola fiscalía contra o SERGAS foi o primeiro destas características no Estado Español, e estivo xestionado polo Xulgado de Intrución número 3 de Santiago de Compostela a cargo do maxistrado Andrés Lago Louro, o mesmo xuíz que levou o caso do accidente de Angrois.[6]

Cargos imputados[editar | editar a fonte]

Ademais do SERGAS, imputado como persoa xurídica, foron imputados dous altos cargos do departamento de saúde da Xunta de Galicia: Félix Rubial, Director Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS e responsábel da xestión da Área Sanitaria de Vigo; e Carolina González-Criado Mateo, Subdirectora Xeral de Farmacia.

Entre os cargos que se lle imputa ao SERGAS e aos cargos imputados, está o de homicidio imprudente[7], en referencia á doentes que faleceron durante o tempo que tardou a comisión encargada de aprobar o fármaco, en algúns casos con esperas de máis de 6 meses.[8] Segundo a Fiscalía, estes atrasos producíronse de xeito deliberado e inxustificado, dilatando a toma de decisións.[7]

A denuncia da Fiscalía e mais a Asociación Batas Blancas presentouse ao xuíz correspondente:

Á fiscal, á vista da documentación remitida pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza, da denuncia presentada pola Asociación Batas Blancas, [...] dado que indiciariamente aparece elemntos que puideran significar a existencia dun posíbel delito por imprudencia grave profesional e prevaricación dos tipificados nos artigos 142 número 1 e 3 e 404 do Código Penal, formula expresa denuncia contra D. Félix Rubial Bernárdez (Director de Asistencia Sanitaria do SERGAS) e Dª Carolina González-Criado Mateo (Subdirectora Xeral de Farmacia do SERGAS).[9]

O 28 de abril de 2016 declararon no Xulgado de Intrución número 3 de Santiago os dous imputados, respostando ás preguntas do Xuíz, do Fiscal e do avogado da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C.[10]

Reaccións políticas[editar | editar a fonte]

Perante a imputación de dous dos altos cargos da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, todos os grupos políticos pertencentes á oposición do Parlamento Galego (PSOE, Alternativa Galega de Esquerda e BNG), pediron a comparecencia parlamentar do Presidente da Xunta de Galicia[11], o popular Alberto Núñez Feijóo. O voceiro de AGE, ademais, solicitou a dimisión do Presidente Galego.

Por outra banda, o 24 de abril de 2016 o Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña considerou, nunha entrevista no xornal La Voz de Galicia, que a denuncia contra os cargos do SERGAS era esaxerada, e que posibelmente os doentes falecidos tivérano feito de todos os xeitos aínda ao recibiren Sovaldi.[12]

Un día despois, o 25 de abril dese mesmo ano, na sesión de control ao Goberno Galego, Núñez Feijóo defendeu a xestión levada a cabo polo SERGAS dos casos da hepatite C, e acusou á oposición de atacar á sanidade galega e de querer tirar rédito político do caso.[13]

A tenor da comparecencia de Núñez Feijóo no Parlamento Galego, producíronse diversas reaccións entre os colectivos afectados. O voceiro da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C, Henrique Costas, calificou ao Presidente de "canalla político"[14], mentres que a Defensora do Paciente, Carmen Flores, lamentou nunha misiva ao Conselleiro de Sanidade que desde o Goberno galego se lle faltase ao respecto aos doentes afectos pola hepatite C.[15]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

En 2014, aprobouse no estado español por parte da Axencia Estatal de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) o emprego de novos fármacos contra a hepatite C. Segundo o seu Informe de Posicionamento Terapéutico de Sofosbuvir , o seu uso pasou a estar indicado en circunstancias médicas específicas, como a cirrose avanzada.[16] A partir de 2015 as novas guías clínicas comezaron a indicar o uso de Sofosbuvir, un antiviral de acción directa, nos casos avanzados da enfermidade.[17][18][19]

En marzo dese mesmo ano o Ministerio de Sanidade aprobou o Plan Nacional contra a Hepatite C para tentar establecer un plan de tratamento para os 95 524 doentes diagnosticados no estado.[20] Meses máis tarde, en xuño de 2015, aprobouse un Documento de Consenso do Grupo Español para o Estudo da Hepatite (GEHEP) sobre o tratamento da hepatite C no que se incluía o Sofosbuvir e outros fármacos semellantes nas recomendacións de tratamento da hepatite C.[21]

Antes da denuncia da Fiscalía contra o Servizo Galego de Saúde en 2016, a Asociación Batas Blancas presentara en marzo de 2015 unha denuncia perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o SERGAS, ante un clima de protestas de afectados e profesionais do sistema sanitario galego, con motivo dos atrasos e denegacións dos novos medicamentos coma Sovaldi para o tratamento dos enfermos más graves afectados pola hepatite C. A base da denuncia era a extrema burocracia á que viña sometida a tramitación da aprobación do medicamento. Ademais da aprobación do médico facultativo correspondente, outros organismos teñen que aprobar o uso do fármaco. Entre eles, a Comisión Autonómica e Central de Farmacia e Terapéutica, formada por tres farmacéuticos e sete doutores, que pode aprobar ou denegar o seu uso após da súa valoración. A denuncia imposta por este colectivo critica o atraso deliberado da tramitación, con perdas de expedientes[22] e denegacións a persoas que cumprían os requisitos.[23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Asociación Batas Blancas (ed.). "Hechos y evidencias.". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2016. Consultado o 27 de abril de 2016. 
  2. Europa Press (ed.). "Dos cargos del Sergas, investigados por retrasar fármacos de hepatitis C.". Consultado o 27 de abril de 2016. 
  3. Asociación Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) (ed.). "Sovaldi: ficha técnica" (PDF). Consultado o 28 de abril de 2016. 
  4. Lópe Tricas, José Manuel. ABC, ed. "Sovaldi®: gran polémica por el elevado precio del fármaco para la hepatitis C.". Consultado o 28 de abril de 2016. 
  5. Europa Press (ed.). "Un médico vincula la "austeridad" de Feijóo con la muerte de tres enfermos de hepatitis C.". Consultado o 28 de abril de 2016. 
  6. Reinero, David. El País, ed. "Un juez duro con la Administración sustituye a Aláez en el ‘caso Alvia’.". Consultado o 27 de abril de 2016. 
  7. 7,0 7,1 Puga, Natalia. El Mundo, ed. "A Fiscalía acusa a dous cargos da Xunta de "homicidio imprudente" por non daren fármacos da hepatite C.". Consultado o 27 de abril de 2016. 
  8. Vizioso, Sonia. El País, ed. "A Fiscalía denuncia á Xunta por restrinxir fármacos contra a hepatite C.". Consultado o 27 de abril de 2016. 
  9. SCRIBD e Praza Pública (ed.). "Denuncia da Fiscalía de Santiago pola demora nos tratamentos de Hepatite C.". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 28 de abril de 2016. 
  10. CRTVG (ed.). "Rematou a declaración dos cargos do Sergas polos tratamentos de hepatite C.". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2016. Consultado o 28 de abril de 2016. 
  11. Faro de Vigo (ed.). "PSOE, AGE y BNG urgen explicaciones por las gestiones en los casos de la hepatitis C.". Consultado o 28 de abril de 2016. 
  12. Álvarez, Elisa. La Voz de Galicia, ed. "Jesús Vázquez Almuíña: «Falar de recortes e asasinatos na hepatite C está fóra de todo lugar».". Consultado o 27 de abril de 2016. 
  13. El País (ed.). "Feijóo ve en la causa de la hepatitis C un “juicio sumarísimo”.". Consultado o 28 de abril de 2016. 
  14. Lombao, David. Eldiario.es, ed. "Pacientes de hepatitis califican a Feijóo de "canalla político" tras evitar disculparse con ellos.". Consultado o 28 de abril de 2016. 
  15. Galicia Confidencial (ed.). "O Defensor do Paciente critica que a Xunta lle falte ao respecto aos mortos por hepatite C.". Consultado o 28 de abril de 2016. 
  16. Informe de Posicionamento Terapéutico de Sofosbuvir (Sovaldi®) . Consultado o 27 de abril de 2016
  17. Pawlotsky, Jean-Michel. European Association for the Study of the Liver (EASL), ed. "Recommendations of Treatment of Hepatits C". Consultado o 27 de abril de 2016. 
  18. Ortega, Eduardo. Redacción Médica, ed. "Cataluña da barra libre aos médicos para tratar a hepatite C". Consultado o 27 de abril de 2016. 
  19. CatSalut (ed.). "Dictamen de la Comissió Farmacoterapèutica de la Medicació Hospitalària de Dispensació Ambulatòria sobre l’ús de sofosbuvir en el tractament de l’hepatitis C crònica." (PDF). Generalitat de Catalunya. Consultado o 27 de abril de 2016. 
  20. Ministerio de Sanidade. (ed.). "Plan Estratéxico para o tratamento da hepatite C no Sistema Nacional de Saúde." (PDF). Consultado o 27 de abril de 2016. 
  21. Carmena, Jorge. Grupo Español para el Estudio de la Hepatitis, ed. "Docuemento de Consenso del GEHEP." (PDF). Consultado o 27 de abril de 2016. 
  22. Huete, Cristina. El País, ed. "Doentes de hepatitis C denuncian que Sanidade perdeu os seus expedientes". Consultado o 27 de abril de 2016. 
  23. Huete, Cristina. El País, ed. "Carta á conselleira para salvar a vida dun doente.". Consultado o 27 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]