Alicate
O alicate[1] (do árabe ao-laqqat, que significa «tenaces») é unha ferramenta manual cuxos usos van dende suxeitar pezas ó corte ou moldeado de distintos materiais.
Son comúns en todo equipo de ferramentas manuais, xa que é un útil básico para a bricolaxe. Esta especie de tenaces metálica provista de dous brazos, son ferramentas imprescindibles para o traballo de montaxes electrónicas.
Historia
[editar | editar a fonte]O alicate foi inventado en Europa cara ó ano 2.000 a.C. para coller obxectos quentes (principalmente o ferro que se forxaba sobre unha bigornia). Entre as máis antigas ilustracións de alicates figuran as do deus grego Hefesto na súa ferrería. Os diferentes tipos de alicate xurdiron a medida que se inventaban os diferentes obxectos onde utilizalos: ferraduras, ferrollos, cables, tubos, compoñentes eléctricos e electrónicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alicate. Pódese empregar en plural mesmo para referirse a un único obxecto.