Carmen Miranda
Nome orixinal | (pt) Maria do Carmo Miranda da Cunha |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (pt) María do Carmo Miranda da Cunha 9 de febreiro de 1909 Várzea da Ovelha e Aliviada (Portugal) |
Morte | 5 de agosto de 1955 (46 anos) Beverly Hills (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemitério de São João Batista (pt) |
Outros nomes | A Pequena Notável Brazilian Bombshell Carmen Miranda |
Residencia | Río de Xaneiro Os Ánxeles |
Cor dos ollos | Verde |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | actriz, cantante, bailarina |
Período de actividade | 1928 - 1955 |
Xénero artístico | Samba e música pop tradicional |
Tesitura | Mezzosoprano e Contralto |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | RCA Records |
Familia | |
Cónxuxe | David Sebastian |
Irmáns | Amaro da Cunha Cecilia Miranda de Carvalho Aurora Miranda |
Premios | |
Descrito pola fonte | Latinas in the United States: A Historical Encyclopedia (en) |
Sitio web | carmenmiranda.com.br |
|
María do Carmo Miranda da Cunha GOIH, nada en Marco de Canaveses o 9 de febreiro de 1909 e finada en Beverly Hills (California) o 5 de agosto de 1955, foi unha cantante e actriz luso-brasileira moi recoñecida durante a década de 1940. É considerada como a primeira actriz portuguesa/brasileira de éxito en Hollywood. O nome artístico de Carmen Miranda vén influenciado pola ópera Carmen de Georges Bizet.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carmen Miranda naceu nunha pequena aldea do distrito do Porto, a pesar de que seu pai emigrara en 1909 ao Brasil, non é ata cumprido un ano do nacemento de Carmen cando o resto da familia se muda cara á cidade do Río de Xaneiro.
Despois de deixar os estudos, Carmen obtido un traballo nunha tenda de sombreiros, onde presa do aburrimento mataba as horas cantando. Carmen era posuidora dunha voz vibrante e chamativa que a acabaría convertendo co tempo na gran musa da música brasileira. Non moito tempo despois, foi descuberta por diversos músicos e recibiu un traballo na radio local, chegando a conseguir un contrato musical coa RCA.
Arredor do ano 1928, Carmen xa era considerada como toda unha estrela no Brasil chegando a ser considerada unha grande artista que revoluciona a música da samba, que ata aquel momento era considerada como indecente posto que se asociaba coa poboación de raza negra.
Xunto con outros grandes artistas da época, Carmen fixo a súa primeira aparición no cine co documental do ano 1933 A voz do Carnaval. A súa primeira actuación no cine brasileiro foi na película de 1935 Alô Alô, Brasil, que recibiu unha grande acollida por parte do público do país.
Pouco a pouco, Carmen vaise abrindo espazo cara a un estrelato universal. No ano 1939 chega coa súa banda (Bando da Lua) aos Estados Unidos, onde alcanzará unha fama inimaxinable, chegando a ser a actriz mellor pagada da época (arredor duns 200.000 dólares, segundo o IRS).
É nesta época cando se converte nun gran sex symbol, acadando o nome de Brazilian Bombshell e sendo recordada polos seus extravagantes tocados de froitas na cabeza e os seus vestidos exóticos.
No 1940 firma un contrato con 20th Century Fox para a rodaxe de varias películas: That Night in Rio, Week-End in Havana, The Gang's All Here e Copacabana, xunto a Groucho Marx. No mes de marzo de 1941, Carmen deixa as súas pegadas e firma no paseo da fama do Grauman's Chinese Theater.
Boa parte do éxito da carreira de Carmen Miranda foi debida á política de boa veciñanza do Goberno estadounidense creada por Franklin D. Roosevelt, o seu fin era a creación de lazos que unisen os Estados Unidos con Suramérica.
Á súa volta a Brasil, foi criticada polos seus compatriotas polo feito de formar parte da cultura estadounidense, este feito causará unha grande impresión en Carmen, a cal deixará plasmados os seus sentimentos na canción "Disseram que voltei americanizada" na cal demostra que se identificaba cultural e sentimentalmente co Brasil.
O 4 de agosto de 1955, tras unha actuación nun programa de televisión de grande audiencia nos Estados Unidos sofre un pequeno infarto, sendo axudada polo propio presentador para manterse en pé, despídese do público sorrinte para poder descansar. Na mañá do día seguinte aparece morta no chan da súa casa á idade de 46 anos.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- A voz do Carnaval (1933)
- Alô, Alô Brasil (1935)
- Banana da Terra (1939)
- Laranja da China (1940)
- Down Argentine Way (1940)
- That Night in Rio (1941)
- Weekend in Habana (1941)
- It's all true (1942)
- Springtime in the Rockies (1942)
- The Gang's all here (1943)
- Four Jells in a Jeep (1944)
- Greenwich Village (1944)
- Something for the boys (1944)
- Doll face (1945)
- The All Star Bond Rally (1945)
- If I'm Lucky Star (1946)
- Copacabana (1947)
- A date with Judy (1948)
- Nancy goes to Rio (1950)
- O castelo maldito (1953)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Carmen Miranda en That night in Rio
-
Paseo da fama de Hollywood.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Carmen Miranda na IMDb (en inglés).
- Artigo en Aloha (en castelán).
- Museu Carmen Miranda (en portugués)