Carlos Manuel de Céspedes
Carlos Manuel de Céspedes | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Carlos Manuel Perfecto del Carmen de Céspedes y López del Castillo |
Nacemento | 18 de abril de 1819 |
Lugar de nacemento | Bayamo |
Falecemento | 27 de febreiro de 1874 |
Lugar de falecemento | Sierra Maestra |
Soterrado | Santa Ifigenia Cemetery |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade da Habana, Universidade de Barcelona e Universidade de Barcelona |
Ocupación | político, compositor, avogado e militar |
Cónxuxe | valor descoñecido e Ana de Quesada y Loynaz |
Fillos | Carlos Manuel de Céspedes y Quesada |
Irmáns | Francisco Javier de Céspedes |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Manuel de Céspedes y López del Castillo, nado en Bayamo o 18 de abril de 1819 e finado na Serra Maestra, o 27 de febreiro de 1874, foi un líder independentista cubano. Iniciou a Guerra dos Dez Anos ao levantarse en armas contra o goberno español o 10 de outubro de 1868, e dando a coñecer o seu plan de loita co Manifesto da Xunta Revolucionaria da Illa de Cuba, concedéndolles a liberdade aos seus escravos e convidándoos a unirse á loita anticolonialista. Foi maior xeral do Exército Libertador de Cuba e primeiro presidente da República de Cuba en Armas. Destituído como presidente en 1873 instalouse en San Lorenzo, a Serra Mestra onde, en 1874, caeu nun combate contra as tropas españolas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Manuel de Céspedes ![]() |
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |