Saltar ao contido

O misterio do barco perdido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O misterio do barco perdido
Autor/aCarlos González Reigosa
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónColección Negra
Xénero(s)Novela policíaca
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.1988
Formato14,5 x 22 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas248
ISBNISBN 978-84-9782-238-1
Precedido porCrime en Compostela
Seguido porA guerra do tabaco
editar datos en Wikidata ]

O misterio do barco perdido é unha novela policíaca de Carlos González Reigosa, publicada en 1988. É a segunda entrega da saga do detective Nivardo Castro xunto co xornalista Carlos Conde.

Ó detective Nivardo Castro encárganlle que investigue a desaparición do "Cadanseu", un barco pesqueiro que se supón naufragado no océano fronte ó Sáhara. Malia que non se descobre resto del nin dos seus tripulantes, o armador quere investigar o asunto porque o seu fillo ía no barco.

Nivardo pídelle axuda ó seu amigo Carlos Conde, xornalista. Tras pasar polas illas Canarias e por Madrid, comezarán un periplo maior, indo a Exipto e a Beirut, onde coñecerán desde dentro o tráfico internacional de armas e as loitas internas entre diferentes faccións, así como a trepidante actividade dos taxistas fronte á calma dos agricultores das beiras do río Nilo.

Logo de estar no medio dunha dura batalla con rifles de asalto, da que escapan de milagre, descobren que foron utilizados por un home poderoso. Sexa un triunfo ou sexa un fracaso, acaban descubrindo que o seu traballo está feito.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Ficha de xerais[Ligazón morta]