Carlos Gey Hermo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Gey Hermo
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata
Asados, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 2015 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia
Asemblea Nacional-Popular Galega Editar o valor em Wikidata

José Carlos Gey Hermo, nado en Asados (Rianxo) en 1952 e finado na Pobra do Caramiñal o 20 de febreiro de 2015, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesionalmente vinculado ao mundo do márkenting, publicidade e comunicación, rexentou durante máis de 20 anos xunto con outro empresario a empresa Olympus Comunicación. Así mesmo, tamén rexentou na localidade de Boiro dous pubs e unha discoteca. En abril de 2001 foi elixido presidente dos comuneiros da súa parroquia natal de Asados[1].

Politicamente militou no BNG nos anos 80. Dada a súa actividade profesional en Boiro foi proposto como número 2 do PSdeG-PSOE na localidade en 1991, candidatura encabezada por Manuel Velo, porén finalmente non concorreu. Así mesmo, tamén foi proposto como número 2 do BNG encabezado por Xosé Deira no 1999, pero tampouco concorreu dado á falta de apoio de parte do partido. No 2003 chegou a ser proposto como candidato á alcaldía de Rianxo polo BNG, chegando a ser presentado nunha asemblea, pero terminou declinando a oferta dado o traballo da súa empresa na campaña do PPdeG en Santiago de Compostela.

No 2004 foi nomeado xefe de prensa do alcalde socialista de Rianxo Pedro Piñeiro Hermida. En xaneiro do 2011, e ante a retirada da política do alcalde, foi proposto pola executiva local socialista de Rianxo como candidato á alcaldía nas municipais de maio dese mesmo ano, sendo ratificado tras vencer nas primarias á concelleira Carmen Figueira Ares. Nas eleccións municipais o PSdeG-PSOE perdeu por primeira vez na democracia a maioría absoluta e a alcaldía de Rianxo, sendo superado polo BNG e o PPdeG, cun estreito marxe entre ambas opcións políticas. Ante esta situación os socialistas optaron por establecer un pacto de goberno co BNG, facendo alcalde ó nacionalista Adolfo Muíños, e asumindo Gey a primeira tenencia de alcaldía e diversas áreas como Urbanismo e Comercio.

En abril de 2013 foi elixido coordinador comarcal do PSdeG no Barbanza, tras vencer ao mazaricano Javier González Trillo[2]. En novembro de 2014 foi ratificado de novo como candidato socialista á alcaldía de Rianxo para o 2015[3], porén faleceu repentinamente o 20 de febreiro dese mesmo ano na súa casa na Pobra do Caramiñal.


Predecesor:
Sonia Castaño Eiras
 
1º Tenente de Alcalde de Rianxo
 
2011 - 2015
Sucesor:
vacante

Notas[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estaba casado e tiña un fillo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]