Xosé Deira Triñanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Deira»)
Xosé Deira Triñanes
Nacemento29 de febreiro de 1948
Lugar de nacementoBoiro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Xosé Deira Triñanes, nado en Boiro o 29 de febreiro de 1948, é un político galego vinculado ao BNG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía pola Universidade de Valencia e en Psicoloxía pola Universidade de Madrid, foi profesor de Psicoloxía na Universidade de Santiago. Logo pasou ao ensino medio, e impartiu clases en institutos de Cee, Ribeira e Boiro. Foi director do Instituto Praia Barraña, de Boiro, entre 1992 e 2003. En 1986 afiliouse a Esquerda Galega, da que foi secretario comarcal e candidato á alcaldía boirense en 1991, se ben non logrou representación. En 1995 integrouse no BNG do que foi secretario e responsable de política municipal da asemblea local do BNG boirense.

Foi candidato á alcaldía en 1999 pola formación nacionalista, logrando 4 concelleiros (en 1995 non se lograra representación) e situándose na oposición, moi cerca da segunda forza, o PSdeG. En 2003 subeu a 5 concelleiros e foi elixido alcalde de Boiro, tras un pacto co PSdeG-PSOE e ICBoiro, sendo tenentes alcalde o socialista Juan Jesús Ares González e o exsocialista e exalcalde Manuel Velo Velo, se ben Velo foi expulsado do goberno en setembro de 2006, gobernando nacionalistas e socialistas en minoría o resto do mandato. Nas municipais de 2007 tanto o BNG coma o PSdeG melloraron os seus resultados, quedando os nacionalistas a tan só 14 votos do PPdeG e de ter unha sexta concellería, mentres que os socialistas subiron de 3 a 4 edís, polo que ambas forzas puideron gobernar con maioría absoluta durante toda a lexislatura. Nas municipais de 2011 perdeu o 10% dos votos e un concelleiro, co que a alcaldía pasou de novo ao PPdeG, que logrou a maioría absoluta ante o descenso dos nacionalistas e dos demais grupos de esquerdas da corporación (socialistas e ICBoiro).


Predecesor:
Jesús Alonso Fernández
 
Alcalde de Boiro
 
2003 - 2011
Sucesor:
Juan José Dieste

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]