Caridad González Cerviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Caridad González Cerviño
Nome completoCaridad González Cerviño
Nacemento16 de xaneiro de 1961
Lugar de nacementoMuros
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica e procuradora
editar datos en Wikidata ]

Caridad González Cerviño, nada en Muros o 16 de xaneiro de 1961, é unha política e procuradora galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procuradora e graduada en dereito. Foi elixida concelleira en Muros polo PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 2003, sendo alcalde Celestino Formoso, e foi segunda tenente de alcalde e concelleira de urbanismo e obras no bipartito co BNG. Trala morte de Formoso en xuño de 2004 foi elixida alcaldesa e continuou o goberno de coalición entre o PSdeG e o BNG ata xuño de 2006, cando rompeu o acordo cos nacionalistas e continuou o goberno en minoría ata o final da lexislautra en 2007.

Nas eleccións municipais de 2007 foi cabeza de lista do seu partido, sendo este o máis votado e quedando a só un concelleiro da maioría absoluta. Porén, non foi reelixida como alcaldesa xa que o dirixente do BNG, Domingos Dosil, chegou un acordo co PPdeG para a súa investidura como alcalde, polo que se situou na oposición. Neste mandato foi deputada provincial, encargándose da área de cultura. Nas eleccións municipais de 2011 volveu a presentarse á alcaldía polo PSdeG-PSOE conseguindo unha vitoria idéntica á de catro anos atrás e recuperando a alcaldía, xa que nesta ocasión populares e nacionalistas non pactaron, polo que puido gobernar en minoría.

Nas municipais de 2015 volveu encabezala candidatura socialista, pero nesta ocasión perdeu máis de 500 votos e pasou de 6 a 4 concelleiros, empatando co PPdeG, que foi a lista máis votada. Desta forma, apoiou sorprevisamente a investidura da candidata de CxG, María Xosé Alfonso[1], coa que mantivera sonados enfrontamentos no pasado mandato. Desta forma, mantívose na oposición gobernando CxG en minoría, e sen que a relación entre ambas forzas se encauzase pese ó apoio socialista na investidura. Desta forma, nas municipais de 2019 concorreu de novo a alcaldía, dándose unha correlación de forzas idéntica á de catro anos antes, pese a que os socialistas recortaron distancias co PPdeG, o cal asumeu a alcaldía en minoría ante a falta de acordos entre os demais grupos.

Formou parte da candidatura socialista ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, sen resultar elixida, e é membro da Executiva Provincial coruñesa do partido tralos congresos de 2018 e 2022.


Predecesor:
Celestino Formoso
 Escudo de Muros.svg
Alcaldesa de Muros
 
2004 - 2007
Sucesor:
Domingos Dosil Cubelo


Predecesor:
Domingos Dosil Cubelo
 Escudo de Muros.svg
Alcaldesa de Muros
 
2011 - 2015
Sucesor:
María Xosé Alfonso


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]