Celestino Formoso Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Celestino Formoso»)
Celestino Formoso Vidal
Nacemento1955
Lugar de nacementoLouro
Falecemento13 de xuño de 2004
Lugar de falecementoSerres
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]
En memoria de Ito Formoso Vidal. Monte Louro, decembro de 2004

Celestino Formoso Vidal, coñecido como Ito Formoso, nado en Louro (Muros) en 1955 e finado o 13 de xuño de 2004 en Serres (Muros), foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Armador de arrastre e patrón de pesca. Foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Muros tralas eleccións municipais de 1987 e manténdose tralas de 1991 e 1995, neste último caso como número 2, ocupando respondabilidades de goberno durante a alcaldía de Xosé Lago Hermida. Tralo falecemento deste, foi elixido alcalde en maio de 1996, continuando o goberno de coalición que se mantiña co BNG dende as últimas eleccións. En decembro de 1998 rachouse o pacto co BNG e gobernou o resto do mandato en minoría. Encabezou a candidatura socialista nas municipais de 1999, gañando con maioría simple e sendo reelixido alcalde formando goberno co PPdeG, o cal se vira afectado por unha notable escisión en torno ó CDI. Nas municipais de 2003 encabezou de novo a candidatura socialista, pero nesta ocasión empatou a concelleiros cos independentes, os cales os superaron lixeiramente en votos, pero puido conservala alcaldía ó pactar un goberno co BNG.

Faleceu dun infarto o 13 de xuño de 2004 no seu domicilio na parroquia de Serres, sendo substituído na alcaldía pola número 2 socialista, Caridad González Cerviño.


Predecesor:
Xosé Lago Hermida
 
Alcalde de Muros
 
1996 - 2004
Sucesor:
Caridad González

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estaba casado e tiña 3 fillas. En decembro de 2004 erixiuse un monólito na súa memoria xunta o faro de Monte Louro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]