María Xosé Alfonso
María Xosé Alfonso | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1967 |
Lugar de nacemento | Esteiro |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Xosé Alfonso Torres, nada en Esteiro (Muros) en 1967, é unha política galega de Compromiso por Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesora de ensino secundario no IES Poeta Añón de Outes. Formou parte do Bloque Nacionalista Galego dende 2003, sendo concelleira en Muros. En 2012 cos outros 2 concelleiros electos do BNG, entre outros, deixaron o partido para integrarse en Compromiso por Galicia. É coordinadora territorial da Coruña de CxG. Nas eleccións municipais de 2015 encabezaou a candidatura de CxG en Muros e foi investida alcaldesa, ao acadar a súa formación 3 concelleiros e contar co apoio dos 4 concelleiros do PSdeG-PSOE[1][2].
Nas eleccións municipais de 2019 non acadou a alcaldía e foi sucedida por Inés Monteagudo Romero do PPdeG.[3]
Predecesor: Caridad González Cerviño |
![]() Alcaldesa de Muros 2015 - 2019 |
Sucesor: Inés Monteagudo Romero |