Saltar ao contido

Carga eléctrica

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carga positiva»)

Propiedade física intrínseca dalgunhas partículas que as caracteriza e pola cal sofren a interacción electromagnética.

No Sistema Internacional de Unidades mídese en culombios e nas fórmulas físicas acostuman representarse coas letras q ou Q.

Clasifícase en carga positiva e negativa. As cargas do mesmo signo repélense mentres que as de signo contrario atráense.

A carga eléctrica aparece na natureza cuantizada, é dicir, sempre é múltiplo dunha cantidade fundamental: o valor absoluto da carga do electrón ou do protón q = 1.6 10-19 culombios.

Cómpre sinalar que se cre que a carga dos quarks (partículas que compoñen os núcleos atómicos) toma valores fraccionarios desta cantidade fundamental. Porén, nunca se observaron quarks libres. Para obxectos non puntuais, a carga eléctrica é a suma das cargas eléctricas das partículas constituíntes.

A carga eléctrica consérvase. Isto quere dicir que en ningún proceso pode aparecer ou destruírse carga neta. Poden aparecer cargas eléctricas onde antes non existían, pero sempre o farán de modo que a carga total do sistema permaneza invariante. Ademais esta conservación é local, ocorre en calquera rexión do espazo por pequena que sexa.

A carga é unha invariante relativista. A carga dun corpo é a mesma independentemente da velocidade coa que se mova.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.