Cantos caucanos (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cantos caucanos
Álbum de Rodrigo Romaní
PublicadoMaio 2003
GravaciónMarzo 2003
Estudio(s)As Galesas (Outes)
Xénero(s)Folk
Selo(s)Boa
Cronoloxía
Albeida (2000) Cantos caucanos As arpas de Breogán (2012)

Cantos caucanos é o segundo álbum de estudio do músico galego de folk Rodrigo Romaní. Foi publicado en maio de 2003, polo selo Boa Music.

Baseado na obra de Antón Avilés de Taramancos (no que tamén se baseou o título), todos os temas están compostos por Rodrigo Romaní sobre textos do escritor noiés, salvo o primeiro tema "Foliada da cantiga mareira". Os poemas musicados neste álbum corresponden aos libros O tempo no espello (1982), Cantos caucanos (1985), As torres no ár (1989) e Última fuxida a Harar (1992, póstuma). No mesmo ano de publicación deste disco adicóuselle o Día das Letras Galegas a Avilés de Taramancos.

O disco foi gravado nas Galesas, Albeida (Outes) en marzo de 2003. Foi mesturado en Casa de Tolos (Gondomar).

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Foliada da cantiga mareira"    2:46
2. "Lobo do deserto"  R. Romaní, A. Avilés de Taramancos 5:49
3. "O piano"  R. Romaní, A. Avilés de Taramancos 4:09
4. "Solaina"  R. Romaní, A. Avilés de Taramancos 2:47
5. "Primavera en Noia"  R. Romaní, A. Avilés de Taramancos 3:33
6. "Chachahuí"  R. Romaní, A. Avilés de Taramancos 3:14
7. "Cautivo"  R. Romaní, A. Avilés de Taramancos 5:28
8. "Torres no ár"  R. Romaní, A. Avilés de Taramancos 4:28
9. "Meu capitán"  R. Romaní, A. Avilés de Taramancos 4:15
10. "A cerdeira"  R. Romaní, A. Avilés de Taramancos 6:07

Músicos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]