Cancer
- Para a constelación Cancer ou Cangrexo, véxase Cáncer (constelación).
- Para as enfermidades coñecidos xenericamente como cáncer ou cancro, véxase Cancro.
Cancer Rango fósil: mioceno - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Boi de Francia, Cancer pagurus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Cancer é un xénero de crustáceos decápodos mariños, o tipo da familia dos cáncridos (Cancridae), que inclúe 8 especies viventes e 3 extintas, entre elas cangrexos tan familiares da zona litoral como Cancer pagurus, o boi[2][3][4] ou boi de Francia.
Descrición
[editar | editar a fonte]As especies do xénero Cancer caracterízanse pola presenza dunha única puga posterolateral (no bordo do cacho, cara a parte traseira), espiñas anterolaterais con fisuras profundas (no bordo do cacho, cara á rexión frontal) e unha breve extensión do cacho cara a adiante, entre os ollos.[5]
As súas pinzas son xeralmente curtas, con quillas granuladas ou lisas, non espiñentas.[5]
O cacho é tipicamente oval, e os ollos están bastante separados.[5]
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero Cancer comprende oito especies viventes:[6][7]
- Cancer bellianus Johnson, 1861
- Cancer borealis Stimpson, 1859
- Cancer irroratus Say, 1817
- Cancer johngarthi Carvacho, 1989
- Cancer pagurus Linnaeus, 1758
- Cancer plebejus Poeppig, 1836
- Cancer porteri Rathbun, 1930
- Cancer productus J. W. Randall, 1840
Tamén se inclúen tres especies fósiles:[5]
- Cancer fissus Rathbun, 1908 – do plioceno de California
- Cancer fujinaensis Sakumoto, Karasawa & Takayasu, 1992 - do mioceno do Xapón
- Cancer parvidens Collins & Fraaye, 1991 – do mioceno dos Países Baixos
Como a delimitación xenérica baséase nos caracteres do cacho, Schweitzer e Feldmann non puideron confirmar a inclusión de Cancer tomowoi no xénero, xa que se conservan só partes do esterno e das patas.[5] Por outra parte, outras especies incluídas até hai pouco no xénero transferíronse a outros, como Glebocarcinus, Metacarcinus e Romaleon.[6]
Historia taxonómica
[editar | editar a fonte]Cando a nomenclatura zoolóxica foi estandarizada Carl Linnaeus en 1758 (10ª edición de Systema Naturae, o xénero Cancer incluía a case todos os crustáceos, entre eles a todos os cangrexos.[7][8]
O dificultoso xénero de Linnaeus pronto foi dividido en unidades máis significativas, e Cancer restrinxiuse a un grupo de verdadeiros cangrexos por Pierre André Latreille en 1802 (Histoire naturelle, générale et particulière des Crustacés et des Insectes).[7] Latreille designou a C. pagurus como a especie tipo en 1817.[6]
En 1975 J. Dale Nations dividiu o xénero Cancer en catro subxéneros: Cancer (Cancer), Cancer (Glebocarcinus), Cancer (Metacarcinus) e Cancer (Romaleon).[7][9]
Cada un destes subxéneros agora considéranse como xéneros independentes, como tamén o é o xénero Platepistoma, erixido por Mary J. Rathbun e restaurado en 1991..[7]
Desde entón, outros xéneros se describiron para albergar especies previamente incluídas en Cancer , de xeito que hoxe contén tan só oitio especies.[7]
Historia evolutiva
[editar | editar a fonte]Os primeiros fósiles que poden atribuirse con certeza ao xénero Cancer son os de C. fujinaensis, do mioceno do Xapón.[5]
O xénero, por tanto, evolucionaría no norte do océano Pacífico, quizais durante o mioceno, e se estendería a través deste océano e do Atlántico no plioceno ou no plistoceno, cruzando a liña ecuatorial e o estreito de Panamá.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Linnaeus, Carolus (1758): Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, 10ª ed., vol. 1.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para boi.
- ↑ Ríos Panisse, M. C. (1977), pp. 25-27.
- ↑ Ramonell, Rosa (1985), pp. 242-244.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Schweitzer, Carrie E. & Rodney M. Feldmann (2000): "Re-evaluation of the Cancridae Latreille, 1802 (Decapoda: Brachyura) including three new genera and three new species". Contributions to Zoology 69 (4): 223–250. Texto Arquivado 09 de decembro de 2012 en Archive.is Dispoñíbel tamén en PDF Arquivado 28 de febreiro de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ 6,0 6,1 6,2 P. K. L. Ng, D. Guinot & P. J. F. Davie (2008). "Systema Brachyurorum: Part I. An annotated checklist of extant Brachyuran crabs of the world" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology 17: 1–286. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Frederick R. Schram & Peter K. L. Ng (2012). "What is Cancer?". Journal of Crustacean Biology 32 (4): 665–672. doi:10.1163/193724012X640650.
- ↑ Geoff Boxshall (2007): "Crustacean classification: on-going controversies and unresolved problems" Zootaxa 1668: 313–325. PDF editor Z. Q. Zhang & W. A. Shear Linnaeus Tercentenary: Progress in Invertebrate Taxonomy.
- ↑ J. Dale Nations (1975): "The genus Cancer (Crustacea: Bachyura): systematics, biogeography, and fossil record" Natural History Museum of Los Angeles County Science Bulletin 23: 1–104 PDF
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
- Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.