O Campo de Golf Balneario de Augas Santas é un campo de golf galego de 18 buracos, situado no lugar das Augas Santas, na parroquia de Pantón (Pantón). Foi deseñado por Alfonso Vidaor e foi inaugurado o 1 de xaneiro de 2006.
O Hotel Balneario de Augas Santas foi inaugurado o 19 de xullo de 2006. As augas da zona son sulfuradas bicarbonatadas sódicas, fluoradas e indicadas en procesos reumatolóxicos, dermatolóxicos e respiratorios. Brotan de xeito natural a entre 16 e 24,5°C.
As instalacións actuais do novo Balneario xunto co hotel e o campo de golf foron construídas nas proximidades do antigo balneario de mediados do século XIX que chegou a ter sona en toda Galiza. Xa entón as augas da zona tiñan sona de medicinais, a este balneario viña xente de toda España, Portugal e ata Francia. A mediados do século XX o balneario foi abandonado e nos anos 1970 ardeu quedando en ruína. Os veciños da zona seguiron acudindo a polas súas augas.