Campo, Covelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campo
Igrexa de Campo.jpg
Igrexa de Campo
Concello Covelo
Poboación 83 hab. (2014)
Entidades de poboación 9

Santa María de Campo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 116 habitantes (69 mulleres e 47 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 147 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 83 habitantes, sendo 35 homes e 48 mulleres.

Información[editar | editar a fonte]

O río Tea transcorre pola parroquia e esta dispón dunha gran tradición gandeira. Campo está situada na aba sur da Serra do Suído e posúe un monte cinexético. Nos puntos con cotas máis baixas áchanse bosque frondosos autóctonos.[1]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Conta cun foxo de lobo que presenta a particularidade de contar con dous funís de entrada, o que a tradición oral interpreta como as entradas correspondentes a cadansúa parroquia. Consta dun cercado de pedra que se vai pechando en forma de funil para rematar no propio foxo. Ten unha profundidade de dous metros e acubilla no seu interior un chouso para durmiren os pastores. Foi obxecto dunha restauración no ano 2013.[2]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Campo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Campo no concello de Covelo (Pontevedra)

Barcia | A Bouciña | Bustelo | Cascardoso | A Costa | A Ladeira | O Loureiro | O Outeiro | San Pedro

Parroquias de Covelo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Covelo

Barcia de Mera (San Martiño) | Campo (Santa María) | Casteláns (Santo Estevo) | Covelo (Santa Mariña) | Fofe (San Miguel) | Godóns (Santa María) | A Graña (San Bernabeu) | A Lamosa (San Bartolomeu) | Maceira (San Salvador) | Paraños (Santa María) | O Piñeiro (San Xoán) | Prado (San Salvador) | Prado de Canda (Santiago) | Santiago de Covelo (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Concello de Covelo. "Campo". Consultado o 04/09/2015. 
  2. Ficha en Patrimoniogalego.net

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]