O Piñeiro, Covelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Piñeiro
Igrexa do Piñeiro.jpg
Igrexa do Piñeiro
ConcelloCovelo
Poboación96 hab. (2014)
Entidades de poboación18

San Xoán do Piñeiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 136 habitantes (74 mulleres e 62 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 166 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 96 habitantes, sendo 44 homes e 52 mulleres.

Información[editar | editar a fonte]

A parroquia áchase a 9 quilómetros da capital do concello, situada na faldra da Serra do Suído (Espazo natural protexido). Na Guía do Piñeiro, a uns 500 metros de altitude, existe unha capela sobre un castro sen levantar onde un afeccionado atopou unha brosa da Idade de Bronce. Tamén podemos atoparnos con cruceiros e unha vía empedrada.[1]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares do Piñeiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Piñeiro no concello de Covelo (Pontevedra)

A Bazoca | O Cabo | Os Carballos | O Coto Pequeno | O Cruceiriño | O Cruceiro | A Curuxeira | O Eido do Crego | O Laxendo | O Medio do Eido | O Piñeiro da Igrexa | O Piñeiro de Areas | O Portal | O Regueiro | O Rigueiro | O Souto | A Torre | O Zacalledo

Parroquias de Covelo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Covelo

Barcia de Mera (San Martiño) | Campo (Santa María) | Casteláns (Santo Estevo) | Covelo (Santa Mariña) | Fofe (San Miguel) | Godóns (Santa María) | A Graña (San Bernabeu) | A Lamosa (San Bartolomeu) | Maceira (San Salvador) | Paraños (Santa María) | O Piñeiro (San Xoán) | Prado (San Salvador) | Prado de Canda (Santiago) | Santiago de Covelo (Santiago)

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Concello de Covelo. "Piñeiro". Consultado o 04/09/2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]