Barcia de Mera, Covelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barcia de Mera
Igrexa de Barcia de Mera
ConcelloCovelo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°15′39″N 8°24′08″O / 42.26083333, -8.40222222Coordenadas: 42°15′39″N 8°24′08″O / 42.26083333, -8.40222222
Poboación360 hab. (2014)
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Barcia de Mera é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2014 tiña 360 habitantes (169 homes e 191 mulleres), 157 menos ca en 2004 e 247 menos ca en 1999. É unha das parroquias con máis habitantes do concello.

Información[editar | editar a fonte]

Porta da reitoral de Barcia de Mera, fotografía de Vida Gallega, 1921.

O río Alén sepáraa do concello limítrofe de Mondariz.

O lugar de San Xoán do Mosteiro debe ao seu nome a un antigo mosteiro xa desaparecido, onde probablemente estivo a primitiva igrexa ou capela parroquial até que foi trasladada ao lugar actual. Nese lugar consérvase unha capela construída pola Santa Inquisición e unha ponte medieval ben conservada. Atravesa o lugar un camiño a carón do cal está a Fonte Santa, de augas moi apreciadas que manteñen a mesma temperatura ao longo das estacións.

Destaca o conxunto abacial de San Martiño de Barcia de Mera, a igrexa e casa reitoral de estilo barroco onde esta última ten influencia de culturas precolombianas. Recentemente realizouse unha rehabilitación parcial da igrexa.[2]

Na gastronomía son salientábeis os seus viños, igual que a veciña parroquia de Casteláns, que sobresaen polo seu sabor a froita coas características propias do condado.

Barcia de Mera na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Terra por terra, Barcia de Mera; mellor por mellor, val de Miñor.

Demografía[editar | editar a fonte]

Ano Homes Mulleres Total
2015 169 194 363
2016 161 185 346
2017 159 180 339
2018 158 175 333

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Barcia de Mera[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Barcia de Mera no concello de Covelo (Pontevedra)

Alén | A Carballeira | Carredás | Caxil | O Ceo | A Corcoveira | Espiñeiro | Mera | Os Oleiros | O Pazo | A Peleda | As Pereiras | Redondo | O San Amaro | Os Seixedos | O Ucedo | Vilanova

Parroquias de Covelo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Covelo

Barcia de Mera (San Martiño) | Campo (Santa María) | Casteláns (Santo Estevo) | Covelo (Santa Mariña) | Fofe (San Miguel) | Godóns (Santa María) | A Graña (San Bernabeu) | A Lamosa (San Bartolomeu) | Maceira (San Salvador) | Paraños (Santa María) | O Piñeiro (San Xoán) | Prado (San Salvador) | Prado de Canda (Santiago) | Santiago de Covelo (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]