Maceira, Covelo
| Maceira | |
|---|---|
Río Tea en Maceira. | |
| Concello | Covelo[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°15′00″N 8°23′06″O / 42.2499747, -8.3850191 |
| Poboación | 285 hab. (2025) |
| Entidades de poboación | 25[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Salvador de Maceira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o INE[2], en 2025 tiña 285 habitantes (142 homes e 143 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 414 habitantes. En 1999 tiña 570 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros poboadores de Maceira pertencen á Prehistoria, así o documentan os castros celtas (hoxe catalogados, mais moi deteriorados), petróglifos, dolmens, etc.
Información
[editar | editar a fonte]A parroquia atópase a 5 quilómetros da capital do concello. A 558 metros de altitude áchase un xacemento castrexo sen levantar e diversas manifestacións de arte rupestre en forma de petróglifos. A 680 metros atópase a capela da Virxe da Guía, situada no monte da Guía de Maceira e onde se pode apreciar unha panorámica do val do Tea.
É salientábel a praia fluvial de Maceira cunha ocupación moi alta durante todo o verán. Preto áchase un cámping de montaña. Sobresae tamén o serradoiro hidráulico dos Carranos que funciona exclusivamente por forza da auga e é unha manifestación única do patrimonio etnográfico da zona. Este serradoiro está catalogado como un Ben de Interese Cultural de Galicia e atópase completamente restaurado para poder ser visitado.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Serradoiro dos carranos.
- Igrexa de Maceira.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Maceira
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Maceira no concello de Covelo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
As Barcielas | Carmoniño | Castro | Castrorregueiro | Chicoreiros | Costeiriña | Cotiños | O Couso | Eidos Vellos | Figueiroa | A Igrexa | A Maquián | A Mouta | Outedo | Pancellos | Pedredo | Portagudiño | Portoparada | Riocortiñas | San Breixo | Souto | Trasfontán | Vales | Vilanova | Vixiáns |
Parroquias de Covelo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "Nomenclátor. Población por unidad poblacional". INE (en castelán). Consultado o 2026-02-11.
- ↑ Concello de Covelo. "Maceira". Consultado o 03-09-2015.