A Lamosa, Covelo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Lamosa.
A Lamosa | |
---|---|
Igrexa da Lamosa | |
Concello | Covelo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°12′31″N 8°22′02″O / 42.2085382, -8.3670938 |
Poboación | 165 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Bartolomeu da Lamosa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 194 habitantes (105 mulleres e 89 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 193 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 165 habitantes, sendo 84 homes e 81 mulleres.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Peto de ánimas da Lamosa.
- Cruceiro na igrexa.
- Ruta dos muíños, no río Sabriña.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Lamosa
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Lamosa no concello de Covelo (Pontevedra) | |
---|---|
A Borbella | O Cabo | Chan de Prado | A Codeseira | A Congostra | Corzós | O Coto do Rixo | Currelos | Custeu | Paredes | O Regueiro |