Godóns, Covelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Godóns
Igrexa de Godóns
ConcelloCovelo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°16′49″N 8°19′57″O / 42.2802716, -8.3324442Coordenadas: 42°16′49″N 8°19′57″O / 42.2802716, -8.3324442
Poboación148 hab. (2014)
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Godóns é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 252 habitantes (146 mulleres e 106 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 295 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 148 habitantes, sendo 71 homes e 77 mulleres.

Información[editar | editar a fonte]

Esta parroquia atópase a 10 quilómetros da capital do concello. A gandaría unida á agricultura minifundista en desaparición considérase a súa principal actividade, mais agora a concentración parcelaria que posúe a zona aumentou as superficies cultivábeis. Dende os seus cumios, sobre todo o monte Collado, pódese observar unha paisaxe da parroquia.

Godóns posúe, amais, unhas antigas vías empedradas e unha ponte medieval que atravesa o río Tea.[2]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Godóns[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Godóns no concello de Covelo (Pontevedra)

A Bugariña | Cardezana | Cernadela | Chan de Souto | Costa | As Covilloas | O Lomedro | Pardellas | O Petouto | A Portela | Sutibal | Vilar

Parroquias de Covelo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Covelo

Barcia de Mera (San Martiño) | Campo (Santa María) | Casteláns (Santo Estevo) | Covelo (Santa Mariña) | Fofe (San Miguel) | Godóns (Santa María) | A Graña (San Bernabeu) | A Lamosa (San Bartolomeu) | Maceira (San Salvador) | Paraños (Santa María) | O Piñeiro (San Xoán) | Prado (San Salvador) | Prado de Canda (Santiago) | Santiago de Covelo (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]