Saltar ao contido

Casteláns, Covelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casteláns
Ruínas da igrexa monacal de Santo Estevo de Casteláns
ConcelloCovelo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°14′18″N 8°24′10″O / 42.2382029, -8.402662
Poboación176 hab. (2014)
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo Estevo de Casteláns é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 230 habitantes (116 homes e 114 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 288 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 176 habitantes, sendo 94 homes e 82 mulleres.

Información

[editar | editar a fonte]

A parroquia de Casteláns atópase no límite do concello de Covelo co de Mondariz e ten unha extensión de 7,5 quilómetros cadrados. Cunha gran probabilidade Casteláns foi na antigüidade un lugar onde habitaron escribáns e persoas de leis. En varias casas grandes da parroquia consérvanse aínda escudos heráldicos que posúen un grande interese.

As súas terras son fértiles por mor dunha menor altitude e recollen un viño afrutado e saboroso. Tamén o año e o cocido son dous pratos propios do lugar.

No barrio de Lourido emítense unhas augas sulfurosas que teñen fama en todo o concello e que sandan unha morea de enfermidades.[2]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Consérvanse restos dunha igrexa románica de finais do século XII, do que foi mosteiro de Santo Estevo de Casteláns, de monxas beneditinas. O único que resta desta construción é a súa ábsida, de cuarto de esfera sobre nervios procedentes de columnas pequerrechas. Nos vans da ábsida, áchanse pequenas xanelas de arquivolta semicircular apoiada en columnas por dentro e por fóra. Tamén posúe canzorros e os arcos interiores dalgunha fiestra son de ferradura. Estes restos poden visitarse en Mondariz-Balneario, onde foron trasladados a principios do século XX e na capela de San Roque da cidade de Pontevedra.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Casteláns

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Casteláns no concello de Covelo (Pontevedra)

A Arroteña | As Barreiriñas | Campelo | A Cancela Grande | A Carrexa | As Casanianas | Casteláns | O Ceo | A Costa | O Coto | A Doadiña | A Fonte | Lourido | A Pena | As Pereiras | O Pío | A Sequeira | Sobreira

Parroquias de Covelo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Covelo

Barcia de Mera (San Martiño) | Campo (Santa María) | Casteláns (Santo Estevo) | Covelo (Santa Mariña) | Fofe (San Miguel) | Godóns (Santa María) | A Graña (San Bernabeu) | A Lamosa (San Bartolomeu) | Maceira (San Salvador) | Paraños (Santa María) | O Piñeiro (San Xoán) | Prado (San Salvador) | Prado de Canda (Santiago) | Santiago de Covelo (Santiago)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]