Campionato de Europa de Atletismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Campionatos Europeos de Atletismo»)

O Campionato de Europa de Atletismo (en inglés European Athletics Championship) é un evento atlético periódico organizado pola Asociación Europea de Atletismo (European Athletic Association, EAA) que se celebra, inicialmente cada catro anos e desde 2010 cada dous, nunha cidade previamente designada.

A primeira edición celebrouse en 1934 en Turín, Italia, e ata o 2021 celebráronse 24 edicións. En 1942 non se disputou o campionato por mor da segunda guerra mundial. A edición de 2020, que se había celebrar en París, foi cancelada por culpa da pandemia de coronavirus.

Campionatos[editar | editar a fonte]

Edición Ano Cidade Datas Estadio
I 1934 Turín Italia Italia 7 - 9 de setembro Estadio Comunale
II 1938 París Francia 3 - 5 de setembro Estadio de Colombes
III 1946 Oslo Noruega Noruega 22 - 25 de agosto Estadio Bislett
IV 1950 Bruxelas Bélxica Bélxica 23 - 27 de agosto Estadio Heysel
V 1954 Berna Suíza Suíza 25 - 29 de agosto Estadio Neufeld
VI 1958 Estocolmo Suecia Suecia 19 - 24 de agosto Estadio Olímpico
VII 1962 Belgrado Iugoslavia Iugoslavia 12 - 16 de setembro Estadio Partizan
VIII 1966 Budapest Hungría Hungría 30 de agosto - 4 de setembro Nep Stadium
IX 1969 Atenas Grecia Grecia 16 - 21 de setembro Estadio Olímpico
X 1971 Helsinqui Finlandia Finlandia 10 - 15 de agosto Estadio Olímpico
XI 1974 Roma Italia Italia 2 - 8 de setembro Stadio Olimpico
XII 1978 Praga Checoslovaquia Checoslovaquia 29 de agosto - 3 de setembro Estadio Evžena Rošického
XIII 1982 Atenas Grecia Grecia 3 - 9 de setembro Estadio Olímpico
XIV 1986 Stuttgart República Federal de Alemaña Alemaña Occidental 29 de agosto - 3 de setembro Estadio Gottlieb Daimler
XV 1990 Split Iugoslavia Iugoslavia 26 de agosto - 2 de setembro Estadio Poljud
XVI 1994 Helsinqui Finlandia Finlandia 7 - 14 de agosto Estadio Olímpico
XVII 1998 Budapest Hungría Hungría 18 - 23 de agosto Nep Stadium
XVIII 2002 Múnic Alemaña Alemaña 6 - 11 de agosto Estadio Olímpico
XIX 2006 Gotemburgo Suecia Suecia 7 - 13 de agosto Estadio Ullevi
XX 2010 Barcelona España España 27 de xullo - 1 de agosto Estadio Olímpico Lluís Companys
XXI 2012 Helsinqui Finlandia Finlandia 27 de xuño - 1 de xullo Olympiastadion
XXII 2014 Zúric Suíza Suíza 12 - 17 de agosto Letzigrund
XXIII 2016 Ámsterdam Países Baixos Países Baixos 6 - 10 de xullo Olympisch Stadion
XXIV 2018 Berlín Alemaña Alemaña 7 - 12 agosto Estadio Olímpico
XXV 2020 París Francia non se chegou a celebrar

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]