Campionato do Mundo de Hóckey a Patíns
| Tipo | campionato do mundo |
|---|---|
| Deporte | hóckey a patíns |
| Organizador | CIRH |
| Liga inferior | Campionato do Mundo "B" de hóckey a patíns |
| Localización e Datas | |
| País | sen valor |
| Vixencia | 1936 – |
| Período de ocorrencia | 2 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Seleção Argentina de Hóquei em Patins Masculino (6º) (2022) |
| Datos estatísticos | |
| Máis títulos | Selección de hóckey a patíns masculina de España (17) |
| Outro | |
| Páxina web oficial | inf.fh-dortmund.de… |
O Campionato do Mundo de Hóckey a Patíns é unha competición mundial de hóckey a patíns disputada entre seleccións estatais. Esta competición é disputada, ao igual que os Campionatos de Europa, cada dous anos. Era organizada pola Fédération Internationale de Roller Sports (FIRS) ata que a World Skate pasou a facerse cargo da súa celebración.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O Campionato do Mundo de hóckey a patíns disputouse por primeira vez en 1936 na localidade de Stuttgart (Alemaña). As súas primeiras 12 edicións foron consideradas tamén como Campionatos de Europa. A selección de Inglaterra foi a gañadora das dúas primeiras edicións, mais a partir de entón a competición estivo dominada polos equipos de Portugal (15 títulos) e España (14 títulos). Os únicos equipos que foron capaces de faceren fronte ao dominio das seleccións de Portugal e España foron Italia e a Arxentina con catro títulos cada unha, especialmente a selección arxentina, que dende 1991 atinxe as semifinais e disputou seis finais das últimas dez e gañando dúas delas.
Actualmente dispútase un Campionato do Mundo A, entre as seleccións de maior nivel e un Campionato do Mundo B, producíndose ascensos e descensos entre ámbolos dous (tres ascensos e tres descensos, cada ano). Ámbalas dúas competicións se disputan cada dous anos de xeito alterno. O Campionato do Mundo A é disputado por 16 equipos.
Historial
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]| Equipo | Campionatos | Finalista | Terceiro posto | Cuarto posto | Total |
|---|---|---|---|---|---|
| 18 (1951, 1954, 1955, 1964, 1966, 1970, 1972, 1976, 1980, 1990, 2001, 2005, 2007, 2009, 2011, 2013, 2017, 2024) | 12 (1949, 1956, 1958, 1960, 1968, 1974, 1978, 1982, 1984, 1986, 1988, 1999) | 8 (1947, 1952, 1953, 1962, 1995, 1997, 2003, 2019) | 3 (1948, 1950, 1993) | 41 | |
| 18 (1947, 1948, 1949, 1950, 1952, 1956, 1958, 1960, 1962, 1968, 1974, 1982, 1991, 1993, 2003, 2019) | 11 (1951, 1953, 1954, 1964, 1966, 1970, 1972, 1990, 1995, 2017, 2022) | 15 (1936, 1939, 1955, 1976, 1978, 1980, 1984, 1986, 1988, 1999, 2005, 2009, 2011, 2013, 2015) | 3 (1997, 2001, 2024) | 45 | |
| 6 (1978, 1984, 1995, 1999, 2015, 2022) | 10 (1976, 1980, 1997, 2001, 2005, 2009, 2011, 2013, 2019, 2024) | 10 (1960, 1966, 1968, 1972, 1974, 1982, 1991, 1993, 2007, 2017) | 5 (1964, 1970, 1986, 1988, 2003) | 31 | |
| 4 (1953, 1986, 1988, 1997) | 9 (1936, 1939, 1950, 1952, 1955, 1962, 1984, 1993, 2003) | 11 (1948, 1949, 1951, 1954, 1956, 1958, 1964, 1970, 1990, 2001, 2024) | 10 (1947, 1960, 1966, 1968, 1984, 1999, 2005, 2007, 2017, 2022) | 34 | |
| 2 (1936, 1939) | 1 (1948) | 0 | 0 | 3 | |
| 0 | 1 (2007) | 1 (1950) | 4 (1936, 1953, 1955, 1962) | 6 | |
| 0 | 1 (1947) | 0 | 5 (1939, 1949, 1951, 1952, 1954) | 6 | |
| 0 | 1 (1991) | 0 | 1 (1948) | 2 | |
| 0 | 0 | 0 | 6 (1956, 1972, 1974, 1976, 1978, 2015) | 6 | |
| 0 | 0 | 0 | 4 (1980, 1982, 1990, 2013) | 4 | |
| 0 | 0 | 0 | 3 (1991, 1995, 2009) | 3 | |
| 0 | 0 | 0 | 1 (2011) | 1 | |
| 0 | 0 | 0 | 1 (2019) | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Esta competición tamén foi considerada Campionato de Europa.
- ↑ Cataluña non puido participar neste campionato a pesar de se clasificar ao gañar o Campionato do Mundo B debido á oposición da Federación Española e á súa non ratificación como membro de pleno dereito da FIRS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
