Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns 1936
A primeira edición do Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns masculino tivo lugar na localidade de Stuttgart (Alemaña) entre os días 1 e 5 de abril de 1936. Nesta edición inaugural participaron un total de sete seleccións, todas elas do continente europeo, encadradas nun único grupo, decidíndose o título a xeito de liguiña. Ao final da liguiña, a selección de Inglaterra proclamouse campioa, por diante dos combinados de Italia e Portugal, prata e bronce respectivamente. Nos 21 partidos do torneo anotáronse un total de 84 goles, cunha media de 4 goles por partido.
Torneo[editar | editar a fonte]
No torneo participaron sete seleccións. Tódalas seleccións participantes eran europeas, polo que esta competición foi considerada tamén Campionato de Europa. O torneo disputouse no formato de liguiña de todos contra todos, saíndo campión o equipo que máis puntos sumara ao final dos seis partidos, sendo o sistema de puntuación de 2 puntos para o gañador, 1 punto para cada equipo no caso de empate, e ningún punto para o equipo perdedor.
Clasificación[editar | editar a fonte]
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | DG |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inglaterra | 11 | 6 | 5 | 1 | 0 | 20 | 2 | +18 |
Italia | 10 | 6 | 4 | 2 | 0 | 16 | 9 | +7 |
Portugal | 8 | 6 | 4 | 0 | 2 | 11 | 9 | +2 |
Suíza | 7 | 6 | 3 | 1 | 2 | 15 | 14 | +1 |
Alemaña | 3 | 6 | 1 | 1 | 4 | 10 | 14 | -4 |
Francia | 3 | 6 | 1 | 1 | 4 | 10 | 16 | -6 |
Bélxica | 0 | 6 | 0 | 0 | 6 | 2 | 20 | -18 |
Resultados[editar | editar a fonte]
Data | Resultado | ||
---|---|---|---|
??.04.36 | Francia | ||
??.04.36 | Alemaña | ||
??.04.36 | Suíza | ||
??.04.36 | Portugal | ||
??.04.36 | Italia | ||
??.04.36 | Inglaterra | ||
??.04.36 | Alemaña | ||
??.04.36 | Suíza | ||
??.04.36 | Portugal | ||
??.04.36 | Italia | ||
??.04.36 | Inglaterra | ||
??.04.36 | Suíza | ||
??.04.36 | Portugal | ||
??.04.36 | Italia | ||
??.04.36 | Inglaterra | ||
??.04.36 | Portugal | ||
??.04.36 | Italia | ||
??.04.36 | Inglaterra | ||
??.04.36 | Italia | ||
??.04.36 | Inglaterra | ||
??.04.36 | Inglaterra |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Predecesor: - |
Campionato do Mundo "A" 1936 |
Sucesor: Campionato do Mundo "A" 1939 |