Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns 1947

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A terceira edición do Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns masculino tivo lugar na cidade de Lisboa (Portugal) entre os días 18 e 24 de maio de 1947. Nesta edición participaron un total de sete seleccións, todas elas do continente europeo, encadradas nun único grupo, decidíndose o título a xeito de liguiña. Ao final da liguiña, a selección de Portugal proclamouse campioa por primeira vez na historia (título conseguido sen perder ningún partido), relevando á ata aquela gran dominadora do hóckey a patíns, Inglaterra (campioa nas dúas primeiras edicións), e por diante dos combinados de Bélxica e España, prata e bronce respectivamente. Nos 21 partidos do torneo anotáronse un total de 122 goles, cunha media de 5,81 goles por partido.

Torneo[editar | editar a fonte]

No torneo participaron sete seleccións. Tódalas seleccións participantes eran europeas, polo que esta competición foi considerada tamén Campionato de Europa. O torneo disputouse no formato de liguiña de todos contra todos, saíndo campión o equipo que máis puntos sumara ao final dos seis partidos, sendo o sistema de puntuación de 2 puntos para o gañador, 1 punto para cada equipo no caso de empate, e ningún punto para o equipo perdedor.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
Flag of Portugal.svg Portugal 12 6 6 0 0 27 8 +19
Bélxica Bélxica 7 6 3 1 2 24 14 +10
España España 7 6 3 1 2 13 14 -1
Italia Italia 6 6 3 0 3 20 16 +4
Inglaterra Inglaterra 6 6 3 0 3 16 19 -3
Francia Francia 4 6 2 0 4 12 22 -10
Suíza Suíza 0 6 0 0 6 10 29 -19

Resultados[editar | editar a fonte]

Data Resultado
17.05.47 España España 2-1 Suíza Suíza
17.05.47 Inglaterra Inglaterra 3-2 Francia Francia
17.05.47 Flag of Portugal.svg Portugal 7-2 Bélxica Bélxica
18.05.47 Italia Italia 7-2 Suíza Suíza
18.05.47 Bélxica Bélxica 6-2 Francia Francia
18.05.47 Flag of Portugal.svg Portugal 2-1 España España
19.05.47 Inglaterra Inglaterra 5-2 Suíza Suíza
19.05.47 Flag of Portugal.svg Portugal 7-1 Francia Francia
19.05.47 Bélxica Bélxica 3-4 Italia Italia
20.05.47 Italia Italia 0-1 Francia Francia
20.05.47 Flag of Portugal.svg Portugal 5-2 Suíza Suíza
20.05.47 España España 2-5 Inglaterra Inglaterra
21.05.47 España España 3-2 Francia Francia
21.05.47 Bélxica Bélxica 6-0 Inglaterra Inglaterra
21.05.47 Flag of Portugal.svg Portugal 3-2 Italia Italia
22.05.47 Francia Francia 4-3 Suíza Suíza
22.05.47 Bélxica Bélxica 1-1 España España
22.05.47 Italia Italia 4-3 Inglaterra Inglaterra
23.05.47 Flag of Portugal.svg Portugal 3-0 Inglaterra Inglaterra
23.05.47 Bélxica Bélxica 6-0 Suíza Suíza
23.05.47 España España 4-3 Italia Italia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Campionato do Mundo "A" 1939
Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns
1947
Sucesor:
Campionato do Mundo "A" 1948